off
Internet — 31 Maio, 2012 at 6:06 p.m.

As marabillas do mundo segundo Google

by

World Wonders preséntase en seis idiomas, inglés, francés, español, italiano, xaponés e hebraico. Non inclue o portugués padrón. Sobreentende Google que o das marabillas son os monumentos e non as línguas,  ainda que haber hai clases.  Nada novo, o Google Street View xa presentaba os  rueiros. Na columna da dereita ofrécelle aos visitantes que etiquetaron con  Panoramio ( un aplicativo mercado por Google) a posibilidade de inserir os seus vídeos e fotografías  a máis das próprias que Google considere interesante publicar. Mas cómpre repararmos na información que achega baixo o copyright © UNESCO World Heritage Centre 1992-2012. All rights reserved.  Por exemplo, a capital de Galiza, Santiago de Compostela , non aparece como tal, e o Obradoiro aparece como  “Plaza de España”.  Unha denominación espúrea para unha descricion pobre na que Compostela pasa a ser simples  ” ciudad española” e no que Galicia aparece sen entidade  política ou xurídico- identitaria. É moito o que cansa termos que lembrar a cada paso e a decote  que existe un país que se chama Galicia/Galiza.

Mália a ambición do proxecto (preséntase como “recurso muy valioso para estudiantes y eruditos, ya que permite descubrir virtualmente algunos de los lugares más famosos de la Tierra. Ofrece una forma innovadora de enseñar historia y geografía a estudiantes de todo el mundo”), podían ter aforrado tanto valor deturpado para achegar tan pouco valor engadido.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off