off
Galiza, Normalización lingüística — 15 Maio, 2012 at 4:06 p.m.

Paremos os ataques contra o galego

by

Cando faltan 48 horas para a manifestación cidadá en defensa da lingua, o goberno municipal resolve negativamente unha petición “que sempre foi de trámite” para poder colocar un palco, para usar o punto de luz necesario para a megafonía do acto final e para poder colocar unha faixa informativa na Alameda de Santiago de Compostela.

Carlos Callón, como presidente da Mesa* e portavoz nacional de Queremos Galego, asevera que “desde que A Mesa existe, hai 26 anos, nunca nos encontramos cunha resolución tan disparatada para unha mobilización en defensa do noso idioma”. “Quérennos deixar sen voz: temos máis razóns que nunca para erguela e para acudir a Compostela o Día das Letras”, aseverou Callón, quen considera que, “o actual goberno de Santiago ten un problema moi serio coa tolerancia lingüística e cultural e coa liberdade de expresión, como puidemos ver primeiro co Correlingua e agora coa manifestación do 17 de maio”.

O Concello denega case todos os puntos solicitados por Queremos Galego baseándose en que “a manifestación coincide coa Ascensión”, excepto a petición do punto de luz preciso para a amplificación do son, na cal non utiliza a escusa das festas, senón que non ofrece ningún motivo. Porén, desde a plataforma sinalan que “parece unha burla querer denegar esa licenza baseándose na Ascensión, xa que non é a primeira nin será a última vez que o día 17 de maio coincide con eses festexos”. O presidente da Mesa di ironicamente que “a culpa é de Rosalía de Castro por asinar a dedicatoria do primeiro libro contemporáneo en galego nun 17 de maio”.

* A  Mesa pola Normalización Lingüística, con vintecinco anos de existencia,  está intregrada por  máis de 700 entidades

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off