off
Globalização, Politica internacional — 28 Abril, 2012 at 7:45 a.m.

Este non é país para cooperantes

by

Gabriel Beceiro

Máis unha vez, o goberno español  amosa que é especialista en xerar problemas, aquí e máis acolá. Logo da substancial e inxusta achega de cartos públicos á banca -iso sí que é caridade !-   o goberno do PP  quere agora axudar  a ampliar a inxustiza social no mundo. Non cómpre ser  habelencioso en números para decatarse que  a axuda ao Desenvolvimento que ven de deixar sen efecto non vai solucionar o estado da economía de noso mais vai ter un efecto directo en persoas moito máis vulnerábeis. Ademáis, cómpre lembralo, este país foi asíduo receptor de Fondos Estructurais e Fondos de Cohesión, ao cabo unha especie de axuda ao desenvolvimento dos paises máis pobres a escala europea, non-si?. Aos poucos vaise debullando o andazo  neoliberal dos conservadores. Volve a emigración, volve o desemprego (20%)….tíranlle a seguranza sanitaria aos emigrantes – espero que os nosos teñan a atención sanitaria no país de acollida que aquí lles negamos aos sen papeis  –  e agora non queren axudar aos paises que o precisan máis ca nós. Aquí hai moito indocumentado, doutro tipo, si, estes teñen papeis.

 
Resolución de 18 de abril de 2012, de la Presidencia de la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, por la que se deja sin efecto la de 14 de junio de 2011, por la que se convocan subvenciones a las organizaciones no gubernamentales de desarrollo para la realización de convenios de cooperación al desarrollo. 
 
Máis información:
Axencia  da ONU para os refuxiados
Tags

2 Comments

  1. Un artigo brillante, o pp, xa o sabiamos moitos, lévanos a todos a máis absoluta miseria.

  2. Isto e unha medida errada. Para conquerir un mundo mais xusto e preciso a cooperacion internacional. Por non gastar en cooperacion internacional non imos a sair da crise.
    A unica maneira de construir un mundo de todos e para todos e por medio do reparto da riqueza e facilitando o acceso a servizos basicos as persoas.
    Tratase de compartir para ir avante todos xuntos para ter unha sociedade na que todo o mundo poida ter unha vida digna.
    Esta medida aparte de insolidaria o que nos indica e que o neoliberalismo busca unha fuxida cara adiante e nun mundo globalizado isto e inmoral e tecnicamente imposible.
    ¿Quen asegura que o dia de maña que sexamos nos quen precise disto?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off