off
Meio ambiente — 21 Abril, 2012 at 6:24 a.m.

Todo é pouco pola natureza

by

Gelo do Moure

Os chamados “seres humáns” temo-la obriga moral de protexe-lo noso entorno (medio ambiente ) por ser parte da natureza. Somo-la única especie animal que tropeza na mesma pedra, non aprendemos ren da historia, e voltamos a repeti-los erros continuamente.

Vai facer un mes do incendio nas Frgas do Eume,¿sería intencionado, ou non?. Qué máis ten, o certo é que ardeu, prevención por parte da Xunta, ningunha( coa seca que estaba caendo).

Recortaron os fondos( monetarios) para a prevención, a sabendas do que podía pasar, e agora que chove non temo-las barreiras necesarias que impidan que a choiva arrastre a cinza do lume ó Río Eume ( outro desastre ecolóxico ).

O noso País é un auténtico polvorín pola cantidade de masa forestal que ten (1,319.000 Hectáreas), estamos á porta do verán e non quero pensar o que nos pode pasar con tanto “túzaro neglixente” na Consellería de Medioambiente.

Lembremos tamén parte das desgrazas marítimas acontecidas nas nosas costas:

  • 5/05/1970- O petroleiro de bandeira noruega, Polycommander derramou 15,000 toneladas nas Illas Cíes
  • 12/05/1976- O petroleiro español Urquiola, produxo un verquido de 100.000 no Porto da Coruña
  • 5/12/1987- O cargueiro panameño Casón verteu 1.100 toneladas de sustancias tóxicas , inflamables e corrosivas, nas costas de Fisterra, falecendo 23 tripulantes chinos dos 31 que levaba.

Para poder descargar do barco o resto dos bidóns que levaba houbo que desaloxar da zona a tódolos veciños. Os bidóns, có perigo que tiñan, en vez de levalos para as bases navales de Ferrol ou Marín que estaban máis perto, metéronos en camións atravesando media Galiza ata o porto da empresa Alumina Aluminio de Xove (Lugo). Volta a desaloxar ós veciños da zona, peche da empresa,e despido do comité de empresa en pleno ( sentou xurisprudencia en España ).

  • 13/121992- O petroleiro grego Mar Egeo derramou, mesmo debaixo da Torre de Hércules 79.000 toneladas
  • 13/11/2002- O Prestige verteu, frente á Costa da Morte 77.000 toneladas sen contar as que levou para o fondo. Desta vez luceunos ben o pelo ecoloxicamente ós galegos, houbo xente que pedía outro Prestige, e outros foron buscar o chapapote mar adentro para metelo dentro da Ría, e así cobrar subvencións.

¿Quenes somos, e nas máns de quén estamos?

¿Virán máis desgrazas? ¡Sí!

Dín que os galegos descendemos dos Celtas, en concreto nesta zona, da tribu Ártabra, penso que é un erro dos historiadores, de quen verdadeiramente descendemos é dos Parvos, que era aquela tribu que metía o dedo no cú e despois na boca para ver a que sabía.

Para rematar e non perde-lo Norte, agora que estamos na primavera haise que alegrar de ver os campos sembrados, as árbores en fror, e ós mestres cos alumnos de excursión, ensinándolles ecoloxía.

Acompaño este traballo con dúas fotos, catro collages e dúas poesías, todo relacionado con esta teima.

 

 

 

 

A Natureza

Se cantando vas

por un camiño

deses que aínda hai

cheo de frores,

ti has oir piar

ós paxariños,

respostando sempre

nos mesmos sons.

Nese intre grande

de moitas cores,

cos teus ollos verás abrir

tódalas frores,

poderás apreciar

a súa beleza,

e sentir no aire

os seus olores.

Entón debes relaxarte,

buscar asento no camiño,

mirar para o ceo

un par de veces,

e disfrutar de todo paseniño.

Cando sintas no corpo

fríos sudores,

de infindo gusto repentino,

has de berrar con forza

que estás vivo,

pois non terás momentos superiores

Ensinando de excursión

¡Xa hai tempo que non imos de excursión¡

xa hai tempo, que o meu mestre me dicía:

Escoita neno,que vai bó día,

e os páxaros van saír toma-lo sol.

Se ti ves, algún páxaro na excursión,

pasa moito de tirarlle algunha pedra,

os páxaros forman parte da cadea

e sen eles, o sistema sufrirá.

Nunca fagas na túa vida ningún mal,

pero menos á “Nai Sabia Natureza”,

pois é ela quen regula este planeta,

e se matas, arrincaches da cadea un eslabón.

Aquel mestre, era todo un profesor,

pois tamén ensinaba ecoloxía,

sei de un, con esa categoría,

e direille de ir un día de excursión.

2 Comments

  1. A Terra non nos pertence a nos. Nos pertencemos a ela. Mais o egoismo a cobiza e as politicas neoliberais salvaxes non entenden a natureza coma algo necesario, se non coma un proveedor ao que chucharlle o sangue. Mais ese proveedor un dia devolveranos todo o mal que lle fixemos con intereses. E o pior e que non lles poderemos deixar as xeracions vindeiras nada agas contaminacion e desastres ecoloxicos. Freemos isto.

  2. A Xunta esta o facer de axente comercial da patronal química e pasteira; cargáronse o concurso eólico, están a facer minas a ceo aberto en calquera parte, non se lle pon couto ás plantacións de especies pirofíticas coma o eucalipto e o piñeiro, Feixoó abrázase co presidente de Iberdrola en pleno acto. de investidura, os verquidos ás rías e rios continuan cada dous por tre… Con esta falta de deslealdade co país non imos a ningures !!

    http://ollaparo.files.wordpress.com/2012/04/2012-04-02-16-53-53.jpg

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off