off
Política — 16 Abril, 2012 at 10:23 a.m.

Aló, presidente

by

 

 

 

  • Disque agora os pensionistas deberán pagar o  10% do custo dos fármacos. As pensións galegas son as máis baixas do Estado. Tamén nisto vai calar ?
  • Se a taxa de desemprego xuvenil chega a case o 38%, vai renunciar o presidente Feixoó a cotas de autogoberno logo do anuncio  do plan de Raxoi de recurtar 3.000 millóns en Educación?
  • Vai admitir o aumento de ratio de alumnado por aula, as taxas universitarias e  a extinción de  interinidades?
  • Segundo o IGE, en Galiza hai 145.000 persoas de entre 16 e 34 anos que procuran traballo activamente sen conseguilo dende que remataron estudos, qué lles pensa dicir?
  • Vai pedirlle a El Rei que se disculpe diante da cidadanía galega logo do seu particular  hatari  en Botsuana ?
  • Qué vai facer o presidente co déficit de médicos que a súa política de “austeridade” está situar por baixo da media española?
  • Qué lles vai dicir aos 300.000 parados de longa duración?
  • Cando vai facer público o plan industrial de Galicia?
  • Agás o obxectivo de cumprir co déficit, cal é a súa política económica?
  • Cando vai amosar lealdade con este país?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off