off
Cultura, Literatura, Portugal — 25 Marzo, 2012 at 5:14 p.m.

Afirma Tabucchi

by

Vai ser mestre de língua e literatura portuguesas na universidade italiana de Siena. Gostou de viver fóra de xogo, coma Fernando Pessoa, do que foi traductor  para o italiano e agudo intérprete para alén da súa momificación académica.

Para sermos claros: non tivo a obriga de tirar conclusións políticas ou de presentar prescricións políticas coma parte do seu traballo literario, aínda que fose desexabel que moitos entendesen os seus traballos nesas direccións, polo menos máis do que se fai agora. Tocoulle vivir a Italia de Berlusconi, e non refugou o conflito.

Non se trata de politizar o material que non é político, mais lembrounos que non hai material literario que non sexa político. Fixo do xornalismo- material literario privilexiado-   unha repolitización da linguaxe, é dicir, unha análise aguda dos acontecimentos. Se non for así non lle sería posibel escribir  con voz própria “Afirma Pereira”, nen Dama de Porto Pim, ese  artefacto de precisión que me navega coma un trincado de cabotaxe (sempre maxinei estas nosas embarcacións enproando Pico e  os Açores) , nun ir e vir de vidas reconciliadas  o tempo que dura unha maré.

Tabucchi forneceu claves da despolitización do discurso, de que todo pase de xeito anónimo e sen actores.Á pregunta do sociólogo “quen son os capitalistas” o profesor e escritor Tabucchi apuntou, mesmo sabendo que non hai resposta fácil, de que hai un capitalismo confuso de fluxos finaceiros e redes electrónicas,  mas  no vértice do remuiño  e da realpolitik da dominación hai nomes próprios, os que excluen, os berlusconis. Portugal  ficou a dever muito, Galiza também.

Fonte:

Jornal de Notícias. O escritor italiano António Tabucchi morreu, este domingo de manhã, em Lisboa aos 68 anos, vítima de doença, e será sepultado na próxima quinta-feira na capital.

One Comment

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off