off
Cedeira, Economía, Política — 6 Marzo, 2012 at 6:30 p.m.

A Trabe, ou como facer da necesidade virtude

by

A política é a arte de facer da necesidade virtude. Na anterior lexislatura tentouse articular un viveiro de empresas no polígono da Trabe. O actual goberno do PP vén de desbotar ese proxecto alegando, primeiro, que non hai cartos e, segundo, que non é útil. Non sabemos en que orde de argumentación ou de necesidade. Porque unha cousa é potenciar dende a administración pública proxectos de innovación en base a estudos de mercado centrados no país e no territorio, e outra ben diferente  non ter cartos para tiralos adiante.

Os 60.000 euros a fondo perdido do Ministerio de Industria acadaba o 30% do costo total (200.000 euros).  O que non fica claro é que non temos 140.000 euros para arriscarnos ou, dado que que non temos eses cartos chegamos á conclusión de que os viveiros de empresas “como institución  están trasnochados, non funcionan”. Infalibel. Xa que hai de endebedarse gostariamos coñecer cales son os investimentos “máis operativos” que Rubido Ramonde propón se dispón de diñeiro empresto a  xuro cero ? ( 51,34 millones de euros para Ferrol, Eume e Ortegal)

Até o de agora a operatividade traduciuse na pintura do Palacete , no remozado do paseo marítimo e no inxente “viveiro” de amarres dun polémico e inexistente porto deportivo. Se a finalidade do anterior proxecto era arriscarse nun proxecto de pobo tentando ancorar no territorio traballadores formados e especializados, achamos a faltar sentido de continuidade e de alternativa nas declaracións do Alcalde . Se vai haber reasignación de fondos, que nos cómpre esperar agora, as migallas? Noutro post achegamos modestamente un pentálogo de innovación para defrontar a crise, co primeiro propúñamos “Reter e atraer á xente nova, que son as persoas con máis capacidade innovadora”.  Como pensa axudar o goberno de Cedeira a que o tecido productivo do noso territorio poida reaxir diante da crise?

Fonte: Ferrol Diario

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off