off
Galiza, Ollo ao gato, ollo ao prato, Política, Politica espanhola — 20 Febreiro, 2012 at 9:15 a.m.

De cómo nos contan e cómo nos contamos: Praza Pública vs. El País

by

Velaí a creación de acontecimento e de non-acontecimento, a creación de Galicia. Para alén do baile de cifras cómpre repararmos en como nos contan as mobilizacións contra a reforma laboral  o xornal Praza Pública e como é que o fai o xornal El País na súa edición estatal. O xornal español inocula unha versión dos feitos preestablecida do que segundo o grupo Prisa adoita acontecer en Galiza, e dicir,  segundo nos queren ver: alí onde nada acontece baixo o mapa da borrasca do Atlántico.

Repare o lector no mapa tirado de El Pais e no texto da cabezalla onde se explica o baile de cifras entre os convocantes e a policia. Asín segundo esta última, en Madrid acudiron 50.00, lonxe do medio millón que din os sindicatos. Non se fai unha estimación própria. Achéganse as dúas cifras. Mais repare tamén o lector no cadrante noroccidental ,que é por onde disque entran as borrascas, si, baixo o ceo de Galicia. Ren.  Galiza non da nin para un baile de cifras. Así é como se construe o acontecimento ou iso que chamamos realidade: co non recoñecimento do outro que se produce ao agochalo como actor social productor de  praxis. Ao progresista El País a realidade non  lle pode estragar o acontecimento,  poñémolo caso, de que Madrid mobilizara os mesmos traballadores que unha cidade moito menos populosa coma Vigo. Niso que chaman “norte” abóndalles o teren, un chisco máis ao leste, unha cidade  cos atributos da mobilización sindical e de  “Los lunes al sol”.  Mais o determinante non son as cifras, senón a invisibilidadade, o silencio cerúleo que o mapa transmete. En cómo persisten en achegar unha perspectiva de dependencia fronte calquera resistencia. Unha simples comparación dos dous xornais, permítenos calibrar a  tensión entre minorías e  maiorías e os modos alternativos de facer-coñecer: Praza Pública versus El País.

No imaxinario recentralizador hai unha visión compartida por diversos axentes sociais españois, dos sindicatos á imprensa, en que determinados feitos  son naturais, de xeito tal que a un pobo lle corresponde un deles; é a súa existencia xeográfica e antropolóxica.

Cando un menos o espera abrolla a mesma naturalización de sempre, a mesma perspectiva e o mesmo discurso simplificador, a perspectiva constitucional, a mesma que facilitou o retiro de inverno de Manuel Fraga na Xunta de Galicia, e que de vez en cando nos achega a mesma visión excluinte e deturpadora.

FONTE. PRAZA PÚBLICA:

“As centrais sindicais cifran en 140.000 as persoas que secundaron as nove convocatorias galegas dunha protesta que tivo 57 escenarios en todo o Estado..”
Datos sindicais de asistencia ás protestas
A Coruña 35.000
Lugo 4.000
Ourense 5.000
Pontevedra 5.000
Santiago 15.000
Vigo 50.000
Ferrol 25.000
Burela 550
Vilagarcía 2.000

FONTE :EL PAIS

“En Madrid, los manifestantes sumaron unos 110.000 asistentes a la manifestación, según los cálculos de EL PAÍS. Los convocantes hablan de medio millón y la policía de 50.000. En Barcelona, los sindicatos estimaron en 400.000 y la Conselleria de Interior, en 30.000.”
 
 
Ollo ao gato, ollo ao prato

3 Comments

  1. ummmm, e os das vascongadas tamén quedaron na casa ou foron ve-lo Athletic? Non será máis que os recortes tamén chegaron a ElPais e resulta que o becario de turno xa lle pareceron número abondo e quedaba máis “bonito” o mapa dese xeito?

    en serio, despois a xente resultalle “incomprensible” que sexamos considerados de xeito residual, como unha cuota a cubrir por parte da política, pero non como unha parte igual en obrigas e dereitos dentro do estado. Ao ElPais pouco hai que dicirlles (si, xa sei a responsabilidade que ten un medio de comunicación), máis que resaltar o que arriba escribes, pero o problema e o que demostra e a irrelevancia que temos, como cidadáns (xa non coma galegos) para eles. Igoal poderían dicir outros esquecidos pola corte (ja!, nunca mellor dito o de corte).

    grazas por por diante dos narices a (cruda) realidade

    • Deus non xoga aos dados. Menos mal que nos queda a retranca (o pior é que aínda vai ser certo o do bolseiro precarizado). Cando reparei no mapa, no texto que o desminte e o diferencial tractamento de Praza Pública e El País, o primeiro que fixen foi percorrer o territorio a ver que tal…tamén non aparece Euskadi. Porqué? Primeiro, porque tenden a falar de “norte” e, segundo, por un aquel naturalizador: a cada un o seu, o que lle corresponde (peixe, borrasca, gaitas…)Non entra na axenda: o noticiabel agora para Euskadi é o proceso de paz …Mais hai cousas mesmo apodícticas, e o non-activismo social é a que “naturamente” lle corresponde a Galicia. Ou non?

  2. Non me gusta este tipo de actitudes por parte dos xornais. Nos existimos e temos a nosa forza laboral e economica. O que pasa e que coa recentralizacion isto e unha inxuria. Señores non mintan sobor da realidade do que acontece en Galiza. Non nos traten como subditos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off