off
Contos, Recanto — 16 Febreiro, 2012 at 4:00 p.m.

A Entrevista da TVG

by

Gelo do Moure

           Estando na casa vendo o programa da TVG ¡”Que queiras, que queiras, que queiras que non”!, que presenta os sábados pola noite Maruxa Vergara, soou o teléfono, collino e escoitei unha voz feminina preguntando por mín.

_Boas noites! Está Gelo do Moure?.

_¿Quen pregunta por él?.

_Son Maruxa Vergara, a presentadora do programa da TVG¡”Que queiras,que queiras,que queiras que non”!, e quería facerlle unha entrevista para este programa.

Eu, temendo unha vacilada de algunha coñecida miña díxenlle:

_!Déixate de caralladas e dime xa dunha puta vez quen es, si non colgo o teléfono!.

_Volto a repètirlle que son Maruxa Vergara da TVG e quería falar con Gelo do Moure!.

_Podes ser Maruxa da TVG como podes ser Maruxa santísima!Gelo do Moure son eu e ti non es Maruxa Vergara, porque agora mesmo estouna vendo na tele, e non creo que sexas tan “espabilada” para estar facendo unha entrevista e estar falando ó mesmo tempo conmigo.

Oín ó outro lado do teléfono unha forte gargallada, e cando rematou de rirse díxome:

_E moita casualidade que esteñas vendo o meu programa, estos témolos grabados non son en directo!.

Vendo a miña posible metedura de pata ata me puxen colorado estando eu só na casa e pensei.

_Arre carallo que sería moita casualidade que fose ela, pero ninguén sabía que eu estaba vendo ese programa, e maila voz que se oía polo teléfono pareceuseme moito á que estaba falando na tele. Como levaba un cacho sen contestarlle díxome:

_Gelo estas ahí?, de verdade que son Maruxa Vergara, na vida a veces poden pasar estas cousas, aínda que coste traballo creelas.

_Por que teño que creer que me queres facer unha entrevista, de donde sacaches o meu teléfono?.

_Agora cho explico. Esta Semana Santa recorrín a zona do Ortegal buscando xente que me interesase para entrevistar. Paramos a comer en Cedeira, gustoume tanto a súa paisaxe e o ambiente que había que decidín pasar alí todo o día, ata atopar á persoa idónea.

Andivemos tomando algo polos bares, e coñecimos á pandilla do Lindo (boa xente por certo), díxenlle a este o que andaba buscando e xa me dixo ríndose:

_O millor é meu primo Gelo! Agora mesmo ten unha exposición no Palacete.

Ata alí fumos, pero cando chegamos tí non estabas, aproveitamos para ver a exposición, e estivemos filmando nela, esperamos por ti perto dunha hora, e en vista de que non aparecías fúmonos, levando unhos libros dos que tiñas alí para regalar, que nos deu a rapaza que estaba cuidando a exposición.

Andivemos buscándote por Cedeira, e unha irmán túa díxonos que ías de viaxe( foi ela quen me deu o teu teléfono ).

Ó dicirme isto, lembrei que por aquelas datas, collera unha tallada inmensa e tivera que estar 2 días na cama para recuperarme da resaca, por iso miña irmán lles dixo que ía de “viaxe”…

_Entón Gelo, creesme agora que me gustaría facerche unha entrevista?.

_Creerei! Pero a verdade que non me vexo eu de entrevistado! ¿E por suposto tamén me ides filmar?.

_Claro! é para o programa que estabas vendo,”Que queiras,que queiras,que queiras que non”!.

_E como sería a entrevista?.

_Primeiro fago a túa presentación, digo quén es e a que te adicas, e logo vouche facendo as preguntas que a mín me parece, e si consideras que algunha delas non queres respostala dís: ¡ Desta pregunta paso!

_Bó, xa que tes tanto interés en facer a entrevista, acepto,non vaia ser que penses que teño medo.

_Que alegría me das, agora o que temos que acordar é onde facemos a entrevista.Que che parece en Cedeira?

_Paréceme ben, podemos asar unhas sardiñas e logo fasme as preguntas que queiras.

_Iso sería de puta nai, e se é en San Antón do Corveiro mellor aínda!

_Estiveches alí?.

_Sí, foi despóis da Garita da Herbeira o que máis me impresionou de Cedeira, menuda vista da entrada da ría!.

_Entón, ti dirás cando!.

_Que che parece o fin de semana que ven?.

_Por mín non hai problema, podemos quedar no Horreo, o bar que hai na Praza Roxa, coñécelo?.

_Sí, estiven nel. A que hora?.

_Ás once da mañán estarei alí.

_Nós imos ir 5 persoas,non habera problema pola comida?.

_Non, encárgome eu de todo, e despois facemos un escote.

_Vale!.

Colguei o teléfono, aínda non as tiña todas conmigo e pensei:

_Tamén, como sexa unha vacilada, coa cantidade de fillos de puta que hai, xa me estou vendo con tódala comida no Horreo cagándome en Deus.

Despois de pensar así, veume a parte positiva simpática:

_Bueno, se veñen, ben,e se non, tamén, o que teño é que buscar a unhos pasotas coma mín para que me axuden a asar as sardiñas, e a pagalas en caso que os da TVG non veñan.

Púxenme en contacto cunhos colegas, faleilles de facer a sardiñada, e aceptaron ó momento.

Da entrevista non falei ren, por se acaso era unha vacilada, e ademáis tampouco mo ían creer.

Seguín vendo a TVG, e alí estaba a Maruxa Vergara entrevistando a un de Negreira, preguntándolle se nese pobo había moito racismo.

Coma sempre deixei voar a imaxinación, e xa me vín sendo entrevistado, respostando a tódalas preguntas con desparpaxo e precisión, íame subindo o ego e sentínme tan importante que dixen:

_!Carallo que ben me está quedando todo isto. Decátome cada vez máis que eu puidera haber sido a ostia se non houbera perdido tanto tempo en bares( non me refiro a Estaca), pero sí ós de:

¡Bares que lugares

buenos para emborrachar,

no hai como una lona

de alcohol en un bar.

Pero pola crise

imos facer botellón,

na Igrexa de Cedeira

con bendita devoción.

Aproveito dende eiquí para reivindicar á Igrexa de Cedeira para disfrute da xuventude, que poidan facer o que lles pete, sempre que a limpen e respeten o que alí dentro hai.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off