off
Contos, Recanto — 12 Febreiro, 2012 at 4:03 p.m.

Fernando Alonso

by

Gelo do Moure

Andando buscando unha pastilla para a resaca do Anovello, atopei unhes papeis, despois de leelos  vín que era a historia dun encontro que tivera na Coruña cun excompañeiro do traballo, que facía anos que non vía.
Conto esta historia tal e como foi, por aquilo que se pilla antes a un mentiroso que a un coxo. Pero ó que íamos, o conto foi así:

Era o mes de Nadal de non sei que ano( non o lembro ), facía un frío que pelaba, diante de mín camiñaba un home moi baixo e ancho. Fíxome moita gracia ó velo de espaldas, cun atuendo llamativo e de moda.
Este home non pasaría de 1.40 mts de estatura, ó primeiro confundeume un pouco , pois penséis que era un chaval cun chaquetón deses modernos, e funme decatando pola anchura que tiña que era un home.
Levaba posto un chaquetón tipo “tres cuartos” de cor azul celeste, e quedáballe abondo de grande ( poderíase dicir que pas medras), tiña os puños do chaquetón dados a volta ata os codos, e pensei para mín sorrindo, que ovos tes e que guapiño vas!
Ó irme achegando a él, fixeime que era a cazadora da Escudería Renault, na que corría o asturiano Fernando Alonso.
Decidín poñerme a carón del para verlle a cara, e ver que pinta tiña. Cando o conseguín deume tanto a risa que tiven que agarrarme a él para non caer no chan, e berrando coma un tolo díxen:
_ Fernando Alonso, Fernando Alonso!, fírmasme un autógrafo?
O outro, ó verme botouse enriba miña, e deume unha gran aperta berrando tamén:
_Miguel, Miguel, hai Geliño!, canto tempo sen vernos!.
Era o Thachenko, un excompañeiro de traballo prexubilado.
Dicíanlle así de alcume en lembranza daquel xogador de baloncesto ruso que medía 2.30 e que lle levaba ó “ Fernando Alonso” 90 centímetros.
Pregunteille, aínda ríndome de onde había sacado o “tres cuartos”, era unha auténtica cazadora Renault con tódalas correspondentes pegatinas de publicidade. E dixo tamén ríndose:
_ Non pensarás que a merquei?
_ Non home, non a ías mercar da talla XL co corpo que tes…
___ Collóns, déronma!, fixéronme unha aposta nun concesionario da Renault de que si a poñía todo o inverno era miña, e  aceptei ó momento, xa saín dalí con ela  posta, a mín que carallo me importa que me quede grande, así tápame máis, pero o millor de todo é que por onde paso veñen os nenos detrás de min chamándome Fernando Alonso como fixeches ti, eu sei que é para putearme pero pasoio de “puta nai”. Cando teño algúns nenos xuntos fanme un corro, eles poñen o ruido do coche:
Run,run,rum,ruuuuuummmmmm
E eu fago as maniobras, métolle as marchas, dou un par de voltas a carón deles e saio pitando a 200 por hora. Mira se empezo a ser famoso que xa me chamaron da TVG para intentar entrevistarme , pero queren facer a entrevista ó mesmo tempo co “ Cañita Brava” , deben pensar que tamén son retrasado, estou pensando en aceptar e despois facerlles unha trastada das miñas no plató, como vai ser en directo vounos foder ben.
Cada vez dábame máis a risa, e a el tamén,sabía que era capaz de facer calquera cousa na TVG, ou onde lle petase, foi o tipo mais pasota que coñecín, traballei con él 25 anos.
_Miguel, lémbraste cando lle raxei as catro rodas ó director da empresa?
_Lembro, miúda investigación fixeran!
_Estívolle ben ó cabrón aquel, mira que dicirme que eu non daba a talla para estar nunha empresa, o que nunca souben e si se refería á miña estatura ou como traballador competente.
_E agora que máis ten,ó feito,peito!,fixeches ben,firmarasme un autógrafo antes de irte?
_A ti os que queiras, pero que che poño? Fernando Alonso ou Thachenko?
_Ponme os dous, que eu ben os merezo!
Sacou un boli de tinta indeleble e na gorra que levaba para tapar a calva,estampou as dúas firmas. Esa visera aínda a teño  e gárdoia como ouro en pano. Entón fixo que poñía o casco,”arrincou” o coche e saiu zumbando a toda pastilla., co brazo levantado facendo cos dedos a V da victoria.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off