off
Galiza, Normalización lingüística — 10 Febreiro, 2012 at 7:12 p.m.

Cidadán Callón

by

Gabriel Beceiro

Afirma Mandián, xuiz decano, que o cidadán Carlos Callón  debe ser procesado por defender a língua galega.

Afirma Mandián que o cidadán Callón debe ser procesado por defender o cumprimento da lei.

Afirma Mandián que seria inaceptabel, porén,  que téndose extralimitado na súa praxe xurídica iso comportase  unha  razia contra o galeguismo.

Afirma Mandián que un país que procesa a cidadáns que defenden os seus dereitos lingüísticos é un país mudo.

Afirma Mandián que sendo delito defender o galego en todos os ámbitos da vida, non lle quedan razóns para seguir sendo xuíz.

Afirma Mandián que xa non ten nada que afirmar.

3 Comments

  1. Fernando Igrexas

    “…O que renuncie a manter a súa identidade orixinaria, por pragmatismo realista ou por sublimación máxica, nunca acabará por sentirse normal. Sempre haberá algo que lle dificulte unha integración plena, como se a súa ubicación fose sempre conflitiva, condicionada a continuas probas e exercicios de fiabilidade, fidelidade e homologación. Velaí por que algúns colonizados acaban por ser especialmente agresivos á hora de defenderen, xustificaren ou aplicaren a asimilación á lingua e cultura dominantes, nas que eles ingresaron con renuncias, fronte a outros que se resisten practicando as súas orixinarias…” Autor censurado. Imposíbel amosar o seu nome sin ser abatido.

  2. isto comeza a cheirar a franquismo…e non esquezamos que Hitler chegou ao poder por vía democrática!!! disque vivimos en democracia e non estamos máis que a perder liberdades…en nada seremos coma robots do capitalismo…que noxo de mundo!!

  3. Eu afirmo que isto e un atrpelo infundado e buscado a mantenta. Si Callon e culpable eu tamen por defender a miña lingua materna.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off