off
Contos, Recanto — 9 Febreiro, 2012 at 4:02 p.m.

Como un cencerro

by

Gelo do Moure

 
Agora que se está achegando o Antroido, lembro que por estas mesmas datas fai anos tiven un encontro cunha xente que me puido sair ben caro.
Xa teño costume dende neno de dicir sempre a verdade, por aquilo de,como me dicía meu pai:
_”Píllase primeiro a un mentiroso que a un coxo”.
Pero tamén hai coxos que son mentirosos, precisamente coñecín a un que as contaba seguido, a primeira mentira que me contou foi esta:
_!”Eu non son coxo”,! o que me pasa é que teño “o nabo” tan grande , que me tropezan nel as pernas ó andar.
Quedei tan abraiado que non dormín en toda a noite. Tamén me dixo, ó día seguinte:
_“Mira se o teño grande que cando nacín, a parteira pensou que tiña dous cordóns umbilicais, e a punto estivo de cortarme o pintilín”.
A verdade e que cada vez alucinaba máis con aquel coxo mentiroso, xa me empezaba a caer ben.
_“ ¿Sabes que me facía a mestra na escola cando ía en pantalón curto?”.
_ “!Nin puta idea!!.
_”Poñíame na mesa de diante de todo,  quedábase cos ollos en branco e babeando coa cabeza apoiada na mesa sen mandar facer ren, ata que algún compañeiro preguntaba”:
_”Doña Fermina, que facemos?”.
_ “Ide para o recreo!”.
_”Pero se rematamos de entrar”.
_”Hoxe hai recreo dobre para todos, o único que se queda castigado é o coxo”.
_”Para mín que era para poder verme o carallo toda a mañán, sen que ninguén a molestase, como me chega ó chan”…
Esta mentira da escola gustóume tanto, que lle dixen que me contara outra.
_”Bueno, pero coa condición de que non fales disto con ninguén”.
_”Xúrocho por tódolos meus difuntos”.
Entón sentou nunha chalana, e facéndose o interesante, movendo a cabeza dun lado para outro soltoume:
_” A mín, ós 15 anos leváronme meus pais ó Santo André de Teixido na tempada alta de romeiros para que as mulleres que quixeran verme a ferramenta pagaran 1 peso e as que quixesen foder conmigo 10 pesos. Nos dous meses que estivemos alí fixemos moitos cartos por enseñalo, pero a  foder só veu unha, as outras tiveron medo da miña serpe “ pitón “. Esta que se atreveu era de Chantada, e quería presumir de ser a máis “chantada” de Chantada. Disfrutou tanto aquela muller que se oían os berros de pracer dende a Garita de Herbeira, e se non se oíron en Cedeira foi polo efecto Fohn, que non deixa pasar as nubes e aínda menos os berros, para o lado de equí.
Aqueles berros despertaron ata ó Santo André e dixo que aquilo fora peor que o de Sodoma e Gomorra xuntas, e que ía castigar a todo “Deus” meténdoios en salmoeira, por iso a xente do Santo André e tan “salada”.
Ostiá, agora que me lembro, por culpa das mentiras do coxo, esquecín a miña historia, que ven sendo esta:

Un sábado de Xaneiro,fun pola tarde a dar un paseo ata o Parque de Bens da Coruña, facía moito frío e había pouca xente, o que sí había era un ruido fortísimo, como se alguén estivese petando en chapas de ferro de diferente espesor, o ruido era algo así:
_! Clín,clon-clín-clon,clín-clon ¡
Busquei de onde procedía, pero só vín a unha rapaza cun can, e díxen para mín:
_”Arre carallo, que cousa máis rara”.
Sentei nun banco, e o ruido empezou a medrar, como se lle deran máis volumen. Ó lonxe vín unha figura que se movía a carón de onde estaba eu.
Decateime que era un home, e que de vez en cando levantaba un brazo, estaría a unhes 350 metros, entón o “clín-clon” empeceino a relacionar con él. Este home viña correndo por unha pista do parque, na parte baixa deste hai como se fose un auditorio natural, con moito eco . Cando estaba a unhos 100 metros vín que se lle movía algo que levaba na cintura, e tiña na man do brazo que subía e baixaba un pau.
Decidín seguir alí sentado ata que pasara. Cando estaba a unhos 50 metros xa me decatei que as cousas que levaba penduradas na cintura, eran as que facían aquel ruido infernal, e no pau  tiña amarrado na punta unha tira de coiro, que facía estalar ó baixar o brazo. O estar máis preto xa o vín todo claro:
_Era un tipo inmenso, vestía un chandal azul celeste, e por riba deste unha faixa cinturón de onde penduraban catro cencerros, ó pasar por frente de mín fixo estalar aquela especie de látigo, e quedóuseme mirando como dicindo:
_ ¡A ti que carallo che pasa!
Facía moito tempo  que non vía a un home tan forte, debía medir alomenos 2 metros, o pelo rizado e largo, e a faciana con barba e colorada.
Pensei para mín( non fora ser que me oíse e me dera unhas ostias)
_!Estás como unha puta cabra! E sorrín un pouco con precaución.
O can que había por alí coa rapaza non paraba de ladrar e correu detrás do tolo aquel, pero ó chamalo a muller parou, aínda que a intención era seguilo.
Pasou tamén a rapaza por diante miña, e deume as boas tardes, devolvinllas, e señaleille coa cabeza hacia o “Sansón” dicíndolle, intentando facer un chiste:
_!Está como un cencerro!.
E contestoume  moi seria:
_!Como un cencerro estará usted! Ese es mi marido, y se está preparando para ir de Peliqueiro en los carnavales.
Nada máis oír isto, veume á cabeza que estábamos en vísperas do Antroido e díxenlle:
_”Pois tes que perdoar, pero pensei que era un tolo ó velo con esa pinta e o ruido que fai”
_”Loco lo serás tu desgraciado, sinverguenza”
E empezou a chamar polo home
_”Ramón,Ramón,Ramón!,mira el tipo este que te está insultando.
A sorte que tiven foi que xa ía un pouco lonxe, e co ruido do clín-clon non oeu á muller , pero esta non paraba de berrar e díxolle ó can:
_”Muerde Kim, muerde Kim”.
Non vai e me enzurra o can a filla de puta aquela, empezou a ladrar e a amosar os dentes,  levanteime dun brinco e díxenlle a berros:
_”Trabuqueime de tolo, a que estás tola eres ti”.
Botei a correr costa abaixo co can detrás, sorte que me deu tempo a saír por unha das portas do parque e pechala.
Alí estiven sen alento alomenos un cuarto de hora, oíndo os ladridos do can , mezclados cos do clín-clon. Xurei por tódolos santos que xamais lle faría un chiste a xente descoñecida, así vese ó demo en pelotas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off