off
Cedeira, Política — 19 Xaneiro, 2012 at 10:00 a.m.

Cedeira innova? Pentálogo para unha crise

by

Se Cedeira quere evitar esmorecer de xeito imparable polos efectos da crise sobre os seus sectores de actividade tradicional, a pesca, a madeira e os servizos vinculados ao turismo debería reinventar os seus vieiros como vila, nun proceso afoutado de innovación.

Resumindo, compriría respectar o seguinte pentálogo:

1ª Reter e atraer á xente nova, que son as persoas con máis capacidade innovadora;

2ª Ofrecerlles vivendas a prezos asequibles;

3ª Acuñar «Cedeira» como marca;

4ª Fomentar a cooperación entre os innovadores

5ª Contar cun «goberno local intelixente» capaz de implicar a toda a cidadanía nesta estratexia.

Infelizmente, teño a sensación de os tempos non son propicios para poñer en práctica esta estratexia.

4 Comments

  1. Fernando Igrexas

    Teño entendido que gran parte das viaxes organizadas a S. André de Teixido son realizadas dende fora da vila, e tamén concertan xantares e paradas fora da vila, despois das visitas de rigor pouco paran en Cedeira. Pensou alguén en canta xente pasa por S. André ao ano sen pasar pola vila. Pois sería interesante facer un estudo de canta xente pasa, (carné de peregrino?) e que fora a propia hostelería e comercio cedeirense a que procurara tomar ventaxa e xestionar e ofertar estas visitas. Teño entendido tamén que esa nova marca “percebescomopuños” está a vender con certo pulo no noso comercio, o su logo o noso percebe. Todo ben, boa iniciativa!, o rapaz/a? Creo que é de Laxe, pois eu aplaudo esta idea e pregúntome. E Cedeira que innova?.

  2. UNA CEDEIRESA

    Aproveitar o poligono da trabe!!!!..como????…….creo que o concello deberia ofrecer as empresas que se situen alí unhas moi boas condicions, por exemplo-
    1º– non cobrarlles nada pola só ( a cambio de empleo para os cedeireses)

    2º– ofrecer ós empresarios que opten por vir pra cedeira vivenda gratuita por tempo limitado ( 1 ano)….( acambio de ofrecer traballo ós cedeireses)

    3º– eetc,,,etc,,,,,
    isto é unha oponión persoal, pero creo que non é tan descabellada… ” O QUE ALGO QUERE , ALGO LLE COSTA”

    • Os emprendedores que innoven deben ter avantaxes…acho que vivenda e chan de balde non non son incentivos para un empresario que atenda ao abxectivo de “innovador” que sabe ben que o que algo quere algo lle costa. O emprego non se pode xustificar a calquera prezo. Estamos afeitos a iso e a innovación deberá ir encamiñada cara o futuro e non cara o século XIX. Innovar nos procesos e nos produtos deberá incluir non perder dereitos nen calidade de vida ( a cal non se debería facer sinónimo de nómina e si de condicións laborais, servizos sociais, formación continuada, conciliación familiar,etc). A pregunta é, onde é que está o capital do empresariado cedeirés: no cemento.

  3. Pois de todos os puntos expostos ningun se cumple. Eu deixaria as seguintes preguntas:
    – Aos sectores tradiocionais na economia no pobo tenta darselle un pulo atraendo empresas que poidan transformar en producto a materia prima?
    – A xente nova incentivase para que sigan con estes sectores tradicionais pero innovando?
    – En canto ao turismo, que se quere vender?
    – neste pobo onde non hai tradicion cooperativista, por que nunca se lle deu un pulo para aglutinar inquedanzas.
    – Hay interese ou propostas para que sectores alternativo teñan protagonismo?
    – A marca Cedeira, cal e a sua definicion?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off