off
Poesía, Recanto — 10 Xaneiro, 2012 at 18:19

Soaxes salvaxes do vento do norte

por

Soaxes salvaxes do vento do norte

Oeste ventoso

de mar arrebolado

longo océano,

meditabundo mar.

Permíteme surcar

por extraordinarios paraxes

do teu pensamento salado.


Cando era neno

cada noite calma

adormecíame

có son do mar

desfacéndose en ondas

de escumas pausadas

que mesturaban os meus soños

nunha pracida espera

que nunca tornei a sentir.

Aquela paz sonora da inocencia…


Na beira da onda

Na area da praia

Na beira da onda

a duna e a taraia

Na beira da onda

A xebra e o regueiro

Na beira da onda

o vento mareiro

Na beira da onda

Na orela do mar

Na beira da onda

soñei navegar.

————————

Precisaba arrear amarras e partir!.

Volver, tornar

rumbo ao mar

Abrilo baixo a quilla.

Precisaba arrear amarras e sentir!

Ao vento arrogante

dominalo milla a milla

cinguir, virar, cazar, lascar.

Ao fin navegar!

Fernando Igrexas

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: