off
Cedeira, Enerxías, Medio ambiente — 4 Xaneiro, 2012 at 5:51 p.m.

Os muiños da Capelada

by

Alá polo ano 1995 comezou a construírse, moi perto da Garita de Herbeira, entre os concellos de Cedeira e Cariño, un parque de aeroxeradores que xeraría unha potencia de 16500 KW. Este parque, chamado A Capelada, entraría en servizo no Nadal de 1996.

Logo viñeron tres máis:

  • A Capelada II, situado nos concellos de Cedeira, Ortigueira e Cariño, que entrou en servizo en Nadal de 1997, cunha potencia instalada de 14850 KW.
  • Os corvos, situado nos concellos de Cedeira, Ortgueira e Cariño, dotado dunha potencia de 10200 KW , entrou en servizo en Outubro de 1999.
  • Coucepenido. Este foi o último en entrar en servizo no Nadal de 1999. Está situado nos concellos de Cedeira e Ortigueira e ten unha potencia instalada de 22800 KW.
  • A serra da Capelada e un lugar onde se poden acadar ata un máximo de 4800 horas de vento produtivo ao ano, aínda que o normal sexan derredor de 3000 horas, ( o normal, para a maioría dos parques eólicos,é que teñan un número de horas de vento anual de 2000) o que o converte nun parque moi produtivo a pesar de ter máquinas pequenas ( 330 ou 600 Kw unitarios, segundo o modelo).
    Por aquel tempo había poucos parques eólicos en funcionamento e as compañías eléctricas aproveitaban o descoñecemento xeral para poñer prezo ao aluguer dos terreos. Na actualidade están a pagar polo aluguer dos terreos ata un 4% da enerxía que se xera nun ano, e dicir, nun parque, por exemplo, como o da Capelada I e II, que ten unha potencia de 31350 Kw , calculando que traballa unhas 3000 horas anuais, xeraría unha enerxía de 94050000 Kw/hora, o que sería un total de 9,405.000 € de beneficio ao ano ( sen contar os gastos de mantemento e supoñendo que estivera descontado o parque). Pois ben, a este parque corresponderíalle pagar en concepto de aluguer de terreos a os tres axuntamentos derredor 376.200 € anuais. Mais cando se contratou a súa concesión só se acordou un pago anual de 12,500.000 pta., ou o que é o mesmo 75126,51 €. Os concellos de Cedeira, Ortigueira e Cariño, só neste parque, perden uns 300.000 € anuais dende hai once anos ( digo once anos porque a inversión total do parque foron 4.670,000.000 ptas., que tardarían en descontarse, coa produción antes calculada, tres anos anos e a data de posta en funcionamento deste parque foi Nadal de 1997)


6 Comments

  1. Gabriel Beceiro

    Máis unha expoliación do territorio e dos seus recursos (que inclue a desfeita do patrimonio material, mámoas, e da paisaxe, entendida como harmonización da acción humana e de natureza, xa que logo, como recurso sustentabel). Alén do desleixo e ineficacia da administración, acho que actuacións deste tipo, asumidas co fatalismo que nos caracteriza, veñen pór de relevo máis unha vez que a sociedade civil cedeiresa ou non existe ou está adormecida. Sería posibel unha plataforma local o máis ampla posible que defendera ese recurso diante da administración e das empresas concesionarias ?

  2. Fernando Igrexas

    E chámanlle Capelada a ese roubo. A Serra da Capelada quedou exposta a un terríbel impacto ambiental e visual, o vento que a percorre é explotado dando bo beneficio e amortizándose nun corto período de tempo. Os concellos do Ortegal afogados económicamente como poden soportar esta burla e atraco sen alporizarse. Canto diñeiro nos teñen levado as eléctricas alleas que non deixan un can?. Falta decir beeee e dar as grazas. Pena damos.

  3. Xabier Pérez

    As compañías eléctricas teñen moito poder, pero nos podiamos apretalas algo máis para deixar beneficios na nosa terra. Teñen a obriga de acondicionar pistas e camiños, pero non o fan. Teñen que sinalizar as mámoas e demáis restos históricos, así como lugares, etc…, pero non o fan. Teñen a obriga de acoller visitas de alumnos ou aceptalos en prácticas nas empresas, pero neganse. Os beneficios producidos por a explotación repercuten moi pouco na nosa economía, e ninguén se atreve a esixirlles o que nos corresponde.

  4. Manuel Rodriguez Villasuso

    O que penso e que hai unha deixadez enorme por parte das diferentes administracions. Primeiro por non participar nos beneficios que producen os devanditos parques e segundo por deixar totalmente en mans privadas a explotacion de un recurso natural como e o vento. Creo que ditas administracions deberian ter maior participacion, non deixar so que unha concesionaria explote a concesion e xa esta.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: