off
Normalización lingüística — 14 Decembro, 2011 at 10:43 a.m.

Escribe á Mesa do Parlamento reclamando que cesen o Valedor do Pobo.

by

A plataforma Queremos Galego, que impulsou e coordina A Mesa, propón o envío a Pilar Rojo, Presidenta do Parlamento, do seguinte texto. Correo-e: pilar.rojo.noguera@parlamentodegalicia.es

Sra. Presidenta do Parlamento:

Desde o día seguinte ao do seu nomeamento como Valedor do Pobo, D. Benigno López amosou, a través de diversas declaracións e actuacións, unha postura fóbica cara á lingua propia de Galiza: négase a tramitar a maioría das queixas que lle chegan por discriminación do idioma galego, apoiou a criminalización dos equipos de normalización lingüística e posiciónase continuadamente contra a escasa lexislación que ampara o noso idioma.

Nesa liña, o Valedor do Pobo acaba de solicitar a retirada dun manual escolar porque, ao falar das características distintivas de Galiza, reproduce o artigo 5.1 do Estatuto, no cal se di que a lingua propia de Galiza é o galego. É un disparate que se pretenda prohibir un libro porque diga a evidencia de que Galiza ten idioma propio, máxime cando o fai citando literalmente o propio Estatuto. Esta decisión do Valedor anima a unha caza de bruxas contra a nosa lingua e cultura que non pode traer nada bo para ninguén.

A actitude teimosa, obsesiva, de Benigno López contra o noso idioma lévao a incumprir de xeito grave e notorio as obrigas e deberes do seu cargo, xa que é incapaz de realizar as súas funcións con obxectividade e imparcialidade.

Quero por iso solicitarlle que transmita á Mesa do Parlamento a miña petición de que, de acordo co artigo 5 da Lei do Valedor do Pobo de Galiza, se proceda ao cesamento de Benigno López e á designación dunha persoa que estea á altura da institución.

Cumprimentos cordiais,

Asdo.:

http://www.queremosgalego.org/

5 Comments

  1. estamos fartos de tanta malversación, desta caste de oligarquía de estúpidos que non fan máis de destruir. Valedor,dimisión !

  2. Son uns hipócritas, saben ben que a constitución xa obriga a coñecer o castelán, no entanto o santo Valedor non protexe a quen o precisa senón que encirra e divide. Os que tivemos que sair do país para traballar lonxe da nación e falamos catro ou cinco idiomas estamos até os collóns que se persiga desde dentro o idioma propio ( o único que foi perseguido e anulado) e que agora a dereita españolista, mália o estatudo de autonomía que nos debería protexer e que temos grazas aos morreron e viviron exiliados, tente dinamitar dende dentro eses mínimos de convivencia.

  3. un goberno que debería protexer os nosos intereses e identidade colectiva lexisla contra a lingua propia de Galiza

  4. Deberían chegarlle moitas cartas…Por dignidade. É inaudito que un país guinde pedras no seu próprio tellado. Sinto vergoña de que o “noso” valedor lle chame a atención a unha editorial allea que edita libros en galego (Vicens Vivens) e con contidos totalmente legais. Un valedor que xoga ao xogo paranoico de una minoría non pode ser un Valedor.Un buldozer perverso.

  5. Non sei fixo si mandei ben a mensaxe a Pilar Rojo pero esperemos que sí. Mui bon traballo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off