off
Galiza, Meio ambiente, Política, Politica espanhola — 3 Decembro, 2011 at 9:39 a.m.

Quality of life ranking of Spanish Municipalities

by

Este estudo fai referencia á  Comisión da Medición do desenvolvimento económico e o progreso social que presidiu o premio Nobel Joseph Stiglitz. Nun seu informe, Stiglitz (2009) puxo de relevo a importancia de complementar o PIB (produto interior bruto) conoutras medidas, como a calidade de vida e a sustentabilidade, sospeitando que o crecimento faise a costa o crecimento futuro.  As dimensións básicas da calidade de vida serían:  saúde, educación, actividades persoais ( abranxendo desprazamentos e lecer), a vivenda, representación política, relacions sociais, medio ambiente, seguranza persoal e  seguranza económica.

O estudo mide a calidade de vida, a través da Análise de Valor Eficiencia (VEA), dunha mostra de 643 concellos do estado español con  máis de 10000 habitantes.

Case todos os concellos galegos que entran neste ranquin atópanse  entre os últimos (bottom).

Galicia acada (xunto coas autonomías do sur Andalucía, Murcia, Valencia e as Illas Canarias) os piores resultados.  Xunto con Madrid, Canarias e Asturias  conta  coa maioría de concellos con baixa calidade de vida. Só a capital de país  Santiago de Compostela (Galicia) acada bós parámetros VEA.

Estudos científicos realizados con metodoloxía validada en territorios da nosa contorna serven para conformar unha visión máis obxectiva das nosas condicións de vida e axuda a valorarmos se as decisións políticas  que se tomaron todos estes anos e as que que se están a tomar agora permitirán millorar eses indicadores.

No entanto os resultados mostran que a zona norde e centro acadan os niveis máis altos de calidade de vida, Galicia forma parte dos niveis de vida máis baixo xunto coas rexións do sul.

Galicia, dende hai décadas xunguida ao conservadurismo máis reseso de Europa, non atopa en tanto compromiso nengún gaño, nengún indicador aceptabel que abra portas á esperanza. A desafección non axuda. Tampouco as maiorías absolutas que repiten a mesma receita que nos trouxo até aquí.

Eduardo González, Ana Cárcaba, Juan Ventura.Revista de Economía Aplicada Número 56 (vol. XIX), 2011, págs. 123 a 148. Dispoñible en: http://www.revecap.com/revista/numeros/56/pdf/gonzalez_carcaba_ventura.pdf

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off