off
Política — 28 Novembro, 2011 at 12:11 p.m.

Axudas á prensa e diversidade

by
 

Emilio G. Ramonde e Gabriel Beceiro

 
RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2011, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión.   http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111123/AnuncioC3C1-211111-8969_gl.pdf
 
 

Sempre resulta esclarecedor sabermos a que se adican os cartos de quen nos está a pedir “austeridade” e de quen anunciaba, no 2009, que pretendía rexenerar a democracia en Galicia (e baixar os impostos), aí é nada. A Resolución do 15 de novembro de 2011 é todo un mapa para despistados que queiran transitar pola Democracia Feijooana, que diría o Antón Losada. Se aínda non reparastes  porqué medios como La Voz de Galicia (que recibe máis cartos que todos os outros medios do país xuntos)  practicando un xornalismo abertamente antigaleguista e clientelar sobrevive á desfeita, mentras  outros como o histórico A Nosa Terra  e os pioneiros en internet Vieiros, Galicia Hoxe e Xornal se foron ao tacho, velaí tedes unha das posibles razóns.  Mais o esencial destas cifras é que  teñen a súa tradución na construción diaria da realidade. Estas axudas son pezas do puzzle diso que dia a dia se dí chamar  a realidade en Galicia.  Que uns aparezan vestidos e outros espidos.

Diredes, porén, que dada a importancia do xornal La Voz e o seu grupo mediático, o lóxico sería que en relación ás proporcións da crise que vivimos e ao tamaño da axuda que recibiu,  enchera as súas páxinas de análises e artigos diversos que afondaran no que está a pasar e o que está por vir. En qué pensa facer o noso Feijoó agora que Rajoy está a pensar en qué facer e xa non ten a quen botarlle a culpa.

Un pode ser un lector ou  un ouvinte máis ou menos activo, da prensa e dos medios en comunicación en xeral, mesmo pode viver sen esa necesidade (que hai padal para todo). Mais, con certeza,  o cidadán intelixente e sensibel gosta máis de transitar por unha fraga que por un monte de eucaliptos. Agás os eucaliptos sexan da súa propiedade e non vexa árbores, senón toneladas de madeira-madeira, de mercadoría.

Algo semellante está a acontecer coa prensa neste país, está a perder diversidade, estase a convertir nunha paisaxe de código de barras.  E non é que teñamos especial xenreira polos montes de varandas onde toda a madeira é…de eucalipto. É que  nos xogamos o ser-no-mundo, a nosa realidade. Si, a real realidade que abrenta cada mañá co despertador ou é de todos ou non pode gabarse de ser Realidade, así en maiúsculas. A prensa pode ser libre ou medio libre, mais non hai posibilidade de algo asi como media realidade  ou dos terzos de realidade.  O mesmo acontece  con ser ou non ser cidadán, mesmo sendo un cidadán con altas doses de inmunidade ao real.

Que realidade nos achega a prensa que aparece nesa listaxe canda súa axuda concedida?  Ben poderiamos falar que se trata dunha  radiografía do expolio da realidade galega, mais imos conformarnos con dicir que a Xunta ao beneficiar deste xeito tan dispar non axuda á convivencia.

E que ten que dicir a realidade cando se sinte asaltada, pois que se   instala noutras leiras. Procura o recoñecimento noutros espellos. Por qué, entón, se  laian os xornalistas do desprestixio da prensa?

NIF Empresa Contía
A15000649 La Voz de Galicia, S.A. 610.155,00
A28028744 Agencia Efe, S.A. 3.006,91
B15482177 Canal Voz, S.L. 44.801,89
B53422721 Ediciones Deportivas Gallegas, S.L. 14.749,00
A15000391 Editorial Compostela, S.A. 92.245,00
B15162068 Editorial La Capital, S.L. 67.106,00
B27000637 El Progreso de Lugo, S.L. 108.315,00
A41606534 Europa Press Delegaciones, S.A. 6.633,06
B36879054 Faro de Vigo Media, S.L. 18.338,22
A36600815 Faro de Vigo, S.A. Unipersonal 240.950,00
B35074681 La Opinion de La Coruña, S.L.
A32000325 La Región, S.A. 75.392,00
B36003549 Lérez Ediciones, S.L. (Diario de Pontevedra) 56.804,00
B15011950 Radio Coruña, S.L. 45.263,31
A27019710 Radio Lugo, S.A. 22.182,24
A32003915 Radio Orense, S.A. (Radio Ourense) 9.773,33
A32003915 Radio Orense, S.A. (www.radioourense.com) 3.044,65
A36005346 Radio Pontevedra, S.A. 26.384,87
A28281368 Radio Popular, S.A. 63.470,32
A36612414 Radio Vigo, S.A. 45.336,41
A36643674 Rías Baixas Comunicación, S.A. 27.627,00
B27347582 Sar Comunicacións XXI, S.L. 9.265,01
B28016970 Sociedad Española de Radiodifusión, S.L. 16.136,51
A15474166 Telecable Compostela, S.A. 5.360,15
A32212102 Telemiño, S.A. 4.240,63
A08216459 Uniprex, S.A. 51.591,60
B15054414 Voz de Galicia Radio, S.L. 14.501,26
A36588531 Xornal de Galicia, S.A. 5.626,16
 


4 Comments

  1. Voltamos a tempos pasados. Coa dictadura non habia o dereito de libre expresion. Agora hai mais ese dereito depende do que publiquen eses xornais. Segundo o que publiquen teran axuda por parte das administracions, e si a ese xornal non lle saen as contas e son criticos co poder pois desaparecen, por que non se lles axuda economica. Entroques outras publicacions reciben suvencion estando economicamente ben as debanditas publicacions. Pretendese controlar a informacion e asi aleccionarnos. E noxento.

  2. A única radio totalmente galega e en galego é Radiofusión e non recibeu ningunha achega económica…

  3. Como xa falaramos, non se entende, menos ainda, coa que está caendo, esta teima exterminadora contra o Galego, que vai dende o ensino, ata os medios feitos na nosa Lingüa, a desaparición recente, de certos Xornais, mantendo, outro* de manifesto caracter anti-galego, so deixa a descuberto a necedade dos nosos gobernantes, pálido reflexo dun País, o noso, que camiña cara oa senda do autoodio aceptado e consentido, algo impensable outrora, cando se loitaba por dar a coñecer a Lingüa que foi considerada de cultura, no medievo.
    Máis non remata ai a teima limpadora e castelanizadora da Xunta, o próximo obxetivo, son as radios que emiten na nosa lingüa, que nos quedará despois da desfeita?,verémolo dentro duns anos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off