off
Brincadeiras — 27 Novembro, 2011 at 7:23 p.m.

Con Migueliño na escola

by


 Trátase dun  cadradiño da serie que realizou Gelo do Moure nos oitenta para Olláparo. Esta viñeta de 1986 adicada ao seu fillo Miguel, saiu no número 6 e recréase en “Manolito” (Manuel Goreiro), a personaxe galega de Quino que quere chegar a ser un Rockefeller (hoxe diriamos un cidadán Amancio Ortega), un dos fundamentais do grupo de Mafalda. A mirada de Gelo escacha co estereotipo negativo de Manolito,  que aquí  pasa a ser Migueliño, un neno galego espelido e sincero.   A tira proponos unha lectura  da realidade social e política que, para ben ou para mal, non perdeu actualidade. A inxenua elocuencia de Migueliño descúbrenos o mundo, o noso, non si?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off