off
Cedeira, Cultura, Ecoloxía — 15 Novembro, 2011 at 5:06 p.m.

Muiño da Acea

by

Muiño da Acea
Foto: Gelo do Moure

Estando enriba da Ponte da Acea, mirando o lixo que tiña o río, lembrei cando os propietarios dos terreos que lindaban co Condomiñas, na zona anterior ó Muiño, cambiaron o curso de río para xuntar as dúas fincas que dividia este e así ter unha o doble de grande.

Aquel feito afectoume moito, para min foi a agresión mais grande que se fixo ó medioambiente na historia de Cedeira. Vendo a cantidade de cousas que había no fondo do río, o que está pasando na Praia da Magdalena , o lixo que hai nas costas da nosa Ría , a pila de plantas invasoras que están a rematar coas autóctonas etc.

Alí mesmo véuseme á cabeza montar unha asociación ecolóxica.Presento xá o que podería ser o carnet de socios, esta asociación levaría o nome de Muiño da Acea, en desagravio ás animaladas que lle fixeron tanto ó río como ó Muiño ( Cedeira é dos poucos Concellos que non recupera os seus muiños).

Espero que lle guste a idea a alguén e se poña en contacto conmigo. Ahí vai a foto de como era aquilo antes. ¿ Como quedaría co Muiño restaurado ?

6 Comments

  1. Gelo admites a un proletario traballador do lixo?

  2. Concordo, é unha vella angueira de moitos. De neno ia moito por aló paseando co meu pai dende o pozo da auga ou dende Saíñas. Teño unha vella foto en branco e negro tirada por Freire dende o centro do rio e o Muiño ao fondo. É desas imaxes da infancia. Hai moitos, alguns xa perdidos.Xustino, mestre do Instituto de bacharelato, fixera no Olláparo algun artigo froito do inventario que realizou por toda a comarca.Cecais compria comezar por recuperar toda esa información. Gelo…quéresme na asociación?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off