off
Cultura, Música, Xente — 11 Novembro, 2011 at 4:06 p.m.

Rock and Roll

by
Then one fine mornin’ she puts on a New York station You know, she don’t believe what she heard at all She started shakin’ to that fine fine music.You know her life was saved by Rock and Roll. (LOU REED)
Do you believe in magic in a young girl’s heart. How the music can free her, whenever it starts. And it’s magic, if the music is groovy It makes you feel happy like an old-time movie. I’ll tell you about the magic, and it’ll free your soul. But it’s like trying to tell a stranger ’bout Rock and Roll.(JOHN SEBASTIAN)



Paco López
Paco López

Moita xente di que o Rock and Roll cambiou a súa vida (para ben ou para mal). Eu digo e berro que O ROCK AND ROLL SALVOU A MIÑA VIDA. Dende moi noviño a música chamaba na porta dos meus miolos sen parar. Meu pai poñía moita música revolucionaria no radio cassette da casa: CARLOS PUEBLA, JARCHA, INTI ILLIMANI, VICTOR JARA, MERCEDES SOSA… e os tamén maravillosos LOS PANCHOS. Pero esta música que me emocionaba (todo hai que dicilo), non me facia levitar, non me facía chorar, non me daba subidons en horas baixas, non me facia sentirme distinto ó resto da masa de xente coa que me cruzaba a diario. Todo iso veu despois, pero vaiamos por partes.

O mais parecido ó Rock and Roll que cando era neno pasaba pola nosa vila (sen contar ós míticos TARRAXE), era sin lugar a dubidas A BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA, e posteriormente LOS GAVILANES de Alicante. Sendo ós da Estrada a faceta mas banda tradicional, e os alicantinos os mais fanfarria levantina.

Encantábame seguir polas rúas da vila a ambas formacións, pero sobre todo ós da Estrada, que curiosamente case sempre tocaban a mesma canción, era unha especie de trance sónico, unha especie de comunión non relixiosa que tiña con eles, eu daballes o meu sudor correndo por todos lados ó ritmo que Carducho marcaba, e eles dábanme esa potencia de sons metálicos da sección de ventos e esas percusions que tanto me obsesionaban nesa época.

Pasaron anos ate que descubrín o RNR, pero a paixón pola música non deixaba de medrar dentro de min. Os seguintes en facerme alucinar en cores, foron os nunca ben considerados (polos musicólogos e demais élite) BONEY M. Meu deus benditiño!! Que Grupazo!! A sua canción BELFAST era todo o que se lle podía pedir a unha canción: ritmo, estribillo demoledor, intensidade e ademais eran NEGROS, xa vos explicarei o que co tempo significou a música negra na miña vida actual.

Los Flamin Guays
Los Flamin Guays

Pasaron os meses e os meus pais mercaron un xiradiscos (ou tornamesa que dirían os sudamericans); Como non tiña discos para estrenalo, miña nai trouxo un disco que regalaban ó mercar un pantalón, o disco chamábase VUELVE EL ROK. Así, mal escrito,con unha portada ochenteira que era de xulgado de garda, pero con un repertorio de clásicos do RNR dos 50s que me fixo ve-la luz por primeira vez.

Non podía deixar de escoitalo día tras día, hora tras hora, con eses aplausos pregrabados que soaban entre tema e tema e que me transportaban a un imaxinario concerto donde todo eran berros, volumen atronador e ese tal Litlle Richard decindo esa frase que non entendía: auanbabulubabalambambú , e para rematar o asunto, a cancion tiña nome de xelado (Tutti Frutti). Ese foi o día, ese foi o momento, por fin!!!! tras anos esperando a algo mais, aparecía coma o Hortensia tirando muros na miña cabeza e axitando o meu corazón coma os tarais da praia un día de vento. Dévolle moito a ese disco, ás veces penso que si en lugar de escoitar ese vinilo, o primeiro en soar no equipo philips estereofónico recén mercado fose un de Los Pecos, seguramente agora tería un traballo normal, unha vida normal, amigos normais, unha casa decorada normal, e tería pasado as horas estudando en lugar de estar escoitando discos de maneira compulsiva e leendo fanzines e revistas musicais en lugar de aprenderme os rios de europa coma Don Pepe insistía que fixera.

 Pode que sexa unha tontería para moita xente, pero con apenas 11 anos atoparme con un disco cheiño do mellor RNR dos 50 fixo que TODO cobrara sentido, xa sabía para que estaba eiqui, nesta vida, neste tempo. Eu nascín para ser un ROCK AND ROLLER. Non pode haber unha forma de vida mais chea de emocións. Non pode haber un xeito de vida mellor.

Grazas ó meu primo Willy comencei a escoitar outras cousas. Deixoume unhos discos, a cada cal mais alucinante: BOB DYLAN, BEATLES, ROLLING STONES, SWEET, DAVID BOWIE, T.REX, e un longo etc, non podía creer o que escoitaba.

 DYLAN enganchoume á primeira escoita, tiña unha voz que parecía una bocina dun coche vello, non comprendía como alguen que aparentemente cantaba tan rematadamente mal tiña discos publicados, pero non podía deixar de escoitalo. Era unha de esas cousas máxicas que fai o RNR, que te enamores de voces que non entendes o que din, e que non van sobradas de técnica na maioría das veces.

Recordo cando veu Willy de Madrid de ver o mítico concerto dos Rolling Stones no Vicente Calderón, dicía que era o mellor que vira na súa vida. A envexa escomenzaba a corroerme. Eu era demasiado pequeno para poder ir a concertos, asi que a idea de montar un grupo empezou a rondarme pola cabeza, ó complicado era encontrar xente coma min. Xente que antepuxera o RNR a TODO o demais.

Sucumbindo ao pracer de tocar
Sucumbindo ao pracer de tocar

Vivíamos nos primeiros anos oitenta, a MOVIDA MADRILEÑA era “lo puto más in Spain”, en Vigo dicían que había tamen iso que chamaban movida, ou polo menos en Informe Semanal saíron un día falando dos Punkies e os seus cabelos coloreados e de como pouco a pouco estaban sendo o relevo xeneracional e cultural de progres, hippies e fans da música sinfónica, por todo o pais e polo resto do estado tamén.

Foi nesa época cando empecei a mercar discos na tenda do Pillo. Case todos elexidos pola portada, costume que ainda sigo tendo. Os discos mercanse nas tendas de discos, de poucos en poucos, saboreanse, escoitanse con paixón, con nervos, e ó chegar a casa danselle mil escoitas, non como agora que a xente acumula centos de xigas e non asimila nada de nada, pero ese é outro cantar.

Eu cursaba Sexto de EXB, e empecei a interesarme polo PUNK, a estética de eses rapaces voltavame tolo. Fixome mercar discos horripilantes e cousas moi boas que de non ter esas portadas nunca terían chamado a miña atención.

Pero non foi ate 8º de EXB cando conseguín facerme con una cinta de K7 onde Jesus Ordovas (nacido en Ferrol coma Franco, vaia par de dous) presentaba a uns tal SINIESTRO TOTAL e a súa canción Ayatolah en formato maqueta. NON PODÍA CREER O QUE ESCOITABA!!! Decían pecados en cada canción!!! E soaban tan rematadamente distinto a todo o demais, que me fixeron caer irremediablemente nun terremoto de sensazons novas. Na tenda do Pillo empecei a mercar discos de KAKA DE LUXE, ILEGALES, SINIESTRO TOTAL, AEROLINEAS FEDERALES, GOLPES BAJOS que me parecían de outro planeta. Empecei a releer críticas de discos de mil revistas e a facer listas de discos que NECESITABA mercar, recalco o de NECESITAR.

En poucos meses xa tiña un bon feixe de discos, e non deixaba de escoitalos a diario. Entre a eclosión que foi o punk na miña vida, tamén apareceren mil cousas das que non me avergoño para nada: Miguel Rios, Bruce Springsteen, Dire Straits, Police (estes xa mais tarde).

Ó chegar a primeiro de BUP tiña moi claro que era o momento de montar un grupo. Non sabía tocar ningun instrumento, non sabía cantar, pero tiña morro dabondo para intentalo. Coincidindo no bar do TUTO decidimos montar un grupo: Xacobe (o fillo de Tuto), Villacampa, Chewis (mais tarde en LOS ETERNOS, ROCKAHULAS, OS REBOIRAS…), Xavi e mais eu. Chamabamonos Los Genuinos e ensaiabamos no Disco Pub Tuto. O de ensaiar é por decir algo, Xacobe tocaba as latas de gasoil, os demais berrabamos e tocabamos unhas raquetas e un organo casio PT-20, facíamos cancións rapeadas sin saber o que era o rap. Agora ven a razón de porque escribo estas lineas.

Un venres pola tarde, a iso das 6 entrou o Tuto no seu Disco Pub, veunos e puxo mala cara. Nosoutros quedamonos estranados, !PERO SI ERAMOS ROCKEIROS¡ ¿Que podía ter de malo iso?. Eu quedeime mirando para o Tuto e coa confianza que me daba velo todo-los días no bar pregunteille:

Tuto, ¿Non che gusta que teñamos un grupo de Rock?, el miroume, puxose ainda mais serio e díxome textualmente:

– Mira Paquiño, deixade isto de tocar as guitarras, ou se non, veraste un día con 40 anos, e daraste conta que non fixeches nada de proveito na vida mais que ter a casa chea de discos e revistas, tocar a guitarra, e non ter estudos nin un traballo serio. E con moita sorte non tontearás con cousas que non deberías.

 Fai pouco cumplín 40 anos, teño a casa chea de miles discos, de fanzines e guitarras. Teño un traballo relacionado coa música (tenda de discos de vinilo), paseime toda a vida tocando en unha ducia de grupos, e asi quero seguir. Gracias a Deus, nunca cheguei a tontear coas drogas. Asi que están claras duas cousas:

 1.- Encantame a miña vida.

2.- Tuto adiviña o futuro.

5 Comments

  1. Creo que vas ter que tocar e escribir porque xa ves que precisamos do saber diverso e persoal no Ollaparo necesitamos aprender tamén das vosas vivencias…hai un campo na literatura musical que tes traballar e que como podes aprezar que moitos estimamos

  2. Toca Paco toca sempre…mola a mazo o artigo meu!

  3. mui bon e ameno

  4. Mui bon e mui ameno

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off