off
Fillos da silveira, Galiza, Historia, Política — 2 Novembro, 2011 at 7:46 p.m.

Hai memoria histórica en Cedeira?

by


Na espera de que os compañeiros da Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol nos manden o seu traballo da represión franquista en Cedeira, aproveitamos para publicar a denuncia de xaneiro de 1939  do alcalde de Cedeira Manuel Freire contra do veciño Xosé. A. López Rodríguez , Pepe do Moure.                                                        

Este acusado foi condenado a 2 anos de cárcere, que cumpreu integramente no Castelo de San Felipe de Ferrol, por defender a República, que era o sistema político legalmente constituido.

Cando se fará a homenaxe aos veciños de Cedeira que foron asasinados, represaliados e encadeados?

Teñen tanto dereito a un acto deste tipo como o que  se lles fixo aos represaliados que estiveron no Campo de Concentración.

Fago un chamamento ás chamadas “forzas progresistas” de Cedeira para que se impliquen neste acto, e así os nosos veciños  non queden no esquecemento.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off