off
Economía, Globalização, Politica internacional — 27 Outubro, 2011 at 5:03 a.m.

Piratas !

by

Hai uns  anos escoitabamos as reflexións ben documentadas do economista Arcadi Oliveres  sobre un tema que nos cae ben pertiño:  os caladoiros de Somalia e a pirataria europea. Daquela era notícia o Alakrana, o barco secuestrado en augas de Somalia e o conferenciante non tivo outra que atender o interese do público.
[vimeo http://www.vimeo.com/18915020 w=400&h=227]

Debeu ser Long John Silver e os filibusteiros das Antillas. Deberon ser tamén os filmes de Raoul Walsh,  as calzas de Errol Flynn, o sorriso algareiro de Burt Lancaster ou o fino xenio  de Charles Laughton, mais sempre gostei da pirataria como aquela forma de rebeldia libertaria que facía rabear ao poder absoluto. De feito, coas súas variantes, a pirataria do noso imaxinario colectivo xurdeu cos primeiros síntomas da globalización dos oceános e do expolio e tráfego de homes como mercadoria. Master and Commander: The Far Side of the World (2003) o magnífico filme de  Peter Weir baseado na novela de Patrick O’Brian, sobre unha trama de thriller mostra as liortas de Franza e  Inglaterra polo dominio dos mares   durante as guerras napoleónicas. As potencias europeas aprenderon axiña a utilizar o pavillón da pirataria para os seus própios intereses coloniais.  De sempre, Cedeira, porto natural ou de refuxio,  padeceu estes envites com ben relatou Fernando Igrexas en Rebato e insulto do 2 de xullo de 1747 … (no fin de conta, o Prestige foi máis un episodio dun modus operandi  do que a nosa xeografía fai parte). Por tanto, o termo non ten para min connotacións negativas. O perigo da neolíngua é que nos tente de equiparar sen matices a pirataria co ladrocinio e co terrorismo. Os barbanegras do noso tempo son os chicagos boys e os banqueiros. Neste senso, o que viña a dicir Oliveres é que, con certeza, os “piratas” que arrasan cos caladoiros dos paises africanos somos nós. Nós, somos os ladrós. A pirataria, así relatada, non é outra cousa que unha forma de defensa, de sobrevivencia.

Agradecemos ao olláparo Fran Nebril  que teña compartido connosco este traballo de Juan Falqué. Unha boa achega para a reflexión.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off