off
Política — 23 Outubro, 2011 at 7:03 a.m.

A quen representa a Conferencia Episcopal?

by

Cando a Conferencia espiscopal (CE) lle guinda á cidadanía o que chaman “fundamentos prepolíticos “(sic) a quen representa? A CE ven de pedirlle aos seus fideis que voten partidos que defendan a unidade de España,  advertindo tamén do ” perigo representado por certas opcións lexislativas que non salvagardan debidamente o dereito á vida, dende a concepción até a súa morte natural, ou que pode mesmo ser tratado como un dereito o que realmente constitúe unha violación do dereito á vida “.  A quen estan a advertir con estes pronunciamentos?:

“Temos de salvagardar o ben común da nación española, evitando os riscos de manipulación da verdade histórica con reclamacións por mor da ideoloxía separatista de calquera tipo”.

A CE entrou en campaña con inmoderado pulo para dicirlles aos seus fideis que non teñen aprobación canónica se están a pensar en votar partidos que defendan os dereitos da nacións culturais e a autodeterminación.  O caso é que a CE non se presenta ás eleccións malia ter presentado unha Nota ante las elecciones generales de 2011 . Esta nota preséntase coa fachenda do canon patriarcal e do Código, como se non houber fideis, prelados e teólogos conoutros referentes políticos e éticos. Esta Nota ten  retrouso dogmático e é unha simplificación e un falseamento do horizonte evanxélico de Xesús de Narazet que pasou polo mundo facendo o ben e amosando unha grande abelencia niso que os gurús do management chaman empatía, liderado e  habilidades sociais e de comunicación. Neste senso, o teólogo Juan José Tamayo hai anos que  ven denunciando que con pronunciamentos coma este a CE fai “oposición ao poder lexislativo e executivo” uníndose, máis unha vez, co PP. Mais acontece que non todos os crentes militan neste partido. Coma colectivo a CE ten dereito a dicir o que quiser, porén, cómpre dicir que non representan a toda a igrexa católica. Os bispos sábeno, mas saben tamén do poder e excesiva influencia que aínda ostentan.

Ao noso ver, pronunciamentos coma este, máis própios da propaganda banal que da moderación e fondura que estes temas precisan, esquecen que nunha sociedade democrática non hai servos senón cidadáns,  fechan as portas á realidade e a toda posibilidade de interpretación desa  realidade que teima en revelarse  contra o “dogma” e  a lei da gravidade,  xa que nen a “nación española” é eterna nen o dereito á vida un absoluto desligado da súa circunstancia.

One Comment

  1. A Igrexa tomanos por parvos. Onde estan os principios de non roubaras, si eles apoian aos ricos que fixeron estoupar a economia mediante a especulacion. Non mentiras, mais esta xente tan conservadora minte. Un exemplo e o divorcio, xa que eles se divorcian e non canonicamente.Poñeras a outra meixela. ¿ Alguen viu a un empresario ou a unha persoa conservadora pedir perdon despois de fazer unha desfeita deixando a xente en situacion precaria a nivel laboral, ou mesmo non cumplido co pactado cos traballadores? Non. Enton, ¿ por que queren impoñer os seus dogmas? ¿ Acaso todos non temos dereito a unha vida digna? Menten mais que falan.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off