off
Política, Politica internacional — 21 Outubro, 2011 at 9:08 a.m.

Benzóns

by

Benzóns. E aqui comenzan os problemas da soberania. Para a esquerda abertzale, que sempre se moveu nunha concepción de raiceras etnicoculturais deberá descobrir agora que non hai  conflicto coa concepción de nación cívica, de orixe liberal e cidadán,  co conceito liberal da nación xeopolítica feita de diversidade.

Os que loitamos pola autodeterminación, polo recoñecimento da nación nun entorno plurinacional, sen facelo necesariamente a prol da independencia, sabemos que reforza a idea dunha nacionalidade máis forte. Os que acreditamos niso, nun proxecto nacional de esquerdas para o noso país, a retirada e  cese da actividade armada da ETA supón reforzar a reivindicación da soberanía das nacións sen estado.  O que facía perigar este dereito era a violencia. En Euskadi e alén : a plurinacionalidade e a diversidade da partipación cidadán. Por qué? , porque a retirada definitiva ha de por en evidencia as diferentes formas de participación, é dicir, probará se o marco constitucional  permite as reglas de diferentes xogos de participación política. Se hai vida alén da España dual que está a rexurdir nos últimos tempos.

A escenificación da Conferencia de Paz, coa participación de Kofi Annan, Bertie Ahern, Gro Harlem Bruntland e Gerry Adams,  non foi trivial.  Con certeza, a presenza de  Pierre Joxe, ex responsabel político da detención de moitos etarras cando gobernada François Mitterrand, así o evidencia.  Todo alentaba unha resolución de calado. En Irlanda costou anos de esforzo. E así foi, horas máis tarde ETA  anunciou o comezo do fin. Serveu tamén para visibilizarmos, mais unha vez, que a transición de ETA   de cara a súa integración non se poderá medir só en termos cuantitativos,  deberá ser tamén o tempo da política e do diálogo para construir a cultura da paz e da convivencia. A posibilidade de dicidir debe entrar na folla de ruta. Este punto de inflexión  deberá ser ben xestionado para que non rexurda a entropia que polariza bárbaramente. A producción de odio non ten un único fornecedor.

Acho moi lúcidas, xenerosas e asisadas as declaracións da filla de Ernest LLuch no ARA  logo de once anos do asasinato do seu pai: “as víctimas non deberán ter nengún papel no proceso de paz porque sen a cabeza fria non se poden tomar decisións”. Xa o advertía Zygmunt Baumann, a visceralidade e as emocións non serven para a razón política. Neste senso,  Rosa Lluch, mesmo dende a súa condición de víctima albisca un camiño lonxe da instrumentalización e que encerra a necesidade de acrescentar os horizontes do marco constitucional.

“No sóc independentista però si els bascos voten que ‘sí’ s’haurà de respectar”.

Ao que engade a defensado achegamento ao seus pobos dos presos aos que se lles aplicou a política penitenciaria da dispersión. Un bo exemplo de como acompañar a irreversibilidade do proceso. Velaí o camiño.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off