off
Política, Politica internacional — 18 Outubro, 2011 at 5:32 p.m.

Euscadi, quen teme a paz?

by

A estación esperanza para hoxe é o Proceso de Paz en Euskadi, que está a deixar a máis de un en fóra de xogo. Un lendakari de todos/as os vascos/as que aproveita para ir a New York, pero quen asesorará a ese homiño, e un xentil-home do PP, que ten como Presidente de Honor a un exministro de Franco, dí de Kofi Annan que “no tiene ni puñetera idea”. Qué vaidade!, qué exuberancia! qué exercizo de estilo! Coñecerá o Sr.Pons Exercices de style de Raymond Queneau ? Sería quen de nos explicar o seu pensamento anodino das máximas formas posibles? Cantas variantes ten o “no tiene ni puñetera idea”? Ni puñetera idea tiene, no idea ni puñetera tiene,  ni idea puñetera no tiene,  e así… Que ficaría  de todo iso? O grande baleiro do desprezo e do insulto. A tradución do corresponsal de New York Times querendo suavizar a arroutada é mesmo pior:

“who come to a peace conference thinking that they are in Ireland or South Africa really don’t have any clue about what country they are in or what type of conflict has gone on in the Basque country.”

Algo así como que o Sr Annan e os seus colegas ” realmente non teñen ningunha pista sobre o país no que están ou que tipo de conflito ten acontecido en Euskadi.”

Noutras palabras, que son uns ignorantes. Mais a última e máis requintada boutade é a do gastrónomo Presidente de Cantabria: os mediadores internacionais viñeron comer de balde nos restaurantes  tres estrelas Michelín. Pensa o ladrón…

Dende que a esquerda abertzale lle vai pedir formalmente a ETA o alto ao fogo, que vai decretar após dous días, esta a seguir ao pé da letra o guión trazado polo dirixente de Batasuna, Arnaldo Otegui. Que está na cadea. O proceso, mesmo sendo enxergado con doses de escepticismo  polas víctimas, non se merece a talla intelectual do Sr.Pons, esa alma galante. A dereita non vai facilitar nen a fin de ETA nen calquera abrollo de reconciliación: só pensa nos votos, porque sempre lle foi ben nas “crises”.  A qué teme o xentil-home? Diante un premio Nobel, de expertos en conflictos similares, de persoas independentes e comprometidas, diante das palabras diálogo, reconciliación, cese da loita armada, o xentil-home  só abre a boca para espetar: “no tiene ni puñetera idea”.

Fronte  ao desemprego e ós efectos da crise como afectaría no resultado das eleccións se ETA anunciara o final?

Gabriel Beceiro

Declaración íntegra de la Conferencia de Donostia

RAPHAEL MINDERPeace Talks Pressure Basque Separatists to Disarm.New York Times. Published: October 18, 2011

9 Comments

  1. O debate é fascinante e teremos que retomalo. Achego un texto de Walter Benjamin que penso eu axuda a pensarmos estas cousas, tirado das súas Teses de Filosofia da Historia:

    “Hai un cadro de Klee chamado Angelus Novus. Ele retrata un anxo que olla como se ele estivese prestes a se afastar de algo que o ten atordoado. Os seus ollos están arregalados, boca aberta e as asas estendidas. E isto debe ser como unha imaxe do anxo da história. O seu rosto está voltado para o pasado. Onde nós percebemos unha cadea de acontecimentos, ele ve unha catástrofe única, que o mantén amoreando ruina sobre ruina, guindándollas aos seus pés. Gostaria de deterse, acordar os mortos e fazer todo o que foi esmagado. Mas unha tempestade que sopra do Paraíso ten travado nas suas asas con tal violência que o anxo non pode mais fechar. Esa tempestade o impele irresistibelmente para o futuro, ao que da as costas, entanto o amontoado de escombros cresce até o céu. Esta tempestade é o que chamamos progresso.”

    Apertas

  2. Ah! esquecíame! Estamos de acordo en que non han de ser as vítimas quenes diriman o “conflito”. Terán que ser os xuices. E se hai vítimas dos dous lados terán que saír a denuncialo. Iso si: sen pistola e a cara descuberta.
    Saúdos!

  3. Cando se recurre a asuntos pasados para botar en cara non se fai para facer país. País faise mirando cara adiante. Se se mira pa atrás é porque algo hai hoxe en día que nos fai retorcer de dor e preferimos enfocalo en contas pendentes que temos máis presentes e máis analizadas. Ese sí que é a síndrome da avestruz. E penoso que sigan a sair os mortos de Franco de cada dous por tres a loitar por votos.

  4. Nes, acho que a desorientación ideolóxica da esquerda para dar resposta aos excesos do neoliberalismo non é contradictorio coa reparación moral das víctimas do franquismo. E cando se apuntaba que foi determinante a acción polícial ninguén cuestionaba as maiorías, máis ben todo o contrario. O que si cuestiono é a interpretación única que se está a inocular. Estes conflictos son máis complexos e non abondan as respostas simples . E en Euskadi hai víctímas en todas as partes ainda que a versión oficial da dereita mediática teime en mostrar só unha cara. Acontece que esa dereita reclama para uns o que non reclama para outros. Sinto disentir mais non me sinto autorizado a dicir que unhas víctimas teñen máis valor ca outras. Se o que conta é o factor humano, como é posibel que digas que non teñen o mesmo valor? A condición de víctima invalida para dirimir procesos. E esa mesma dereita non ten reparado en instrumentalizar esa condición. Velaquí unha mostra de que non abondan respostas simples a problemas complexos:

    As víctimas “no han de tenir cap paper en el procés de pau perquè sense el cap fred no es poden prendre decisions”. “No sóc independentista però si els bascos voten que ‘sí’ s’haurà de respectar”.
    Esta declaración no xornal ARA é dunha víctima da ETA, a filla de Ernest Lluch.

    O Estado español e o país vasco estan a encetar o camiño da reparación das víctimas e canto menos resulta abraiante que ese mesmo estado sexa incapaz de reparar o terrorismo de estado organizado e aplicado por máis de cincuenta anos. A reducción que fas da cuestión ás liortas de Caín e Abel son ao meu parecer un exemplo de que ainda non se saldou esa débeda co pasado. Non se trata de desenterrar mortos, senón de enterralos dignamente.Velaí a diferencia.

  5. Si, pola acción policial respaldada por unha inmensa maioría. Iso mesmo decía eu!
    Respeto que pa ti teñan o mesmo valor unhos mortos que outros, e téñeno pa min tamén cando falamos do factor humán.
    Máis coido que non estamos a falar diso. E neste caso non teñen o mesmo valor, claro que non! Nin os de eta, nin os republicanos, nin os nacionais,nin os irmandiños,nin os de monte Medulio! Podemos ir máis atrás aínda. Podemos excavar no monte das Figueiras arriba de Viriño e máis en Magoira. E así ó mellor sabemos polos achádijos deses castros de onde veñen as rencillas entre Rejua e Santalla. Podemos así dirimir unha cuestión pola que aínda ninguén pideu perdón tampouco… pero non é ese o caso.
    Andar desenterrando mortos parécenme artimañas dunha esquerda (a de hoxe en día) falta de argumentos. Perdida nun sistema de capital do que non sabe saír e co que se ve obrigada a lidiar non sabe máis que dar zarpazos coma un león ferido. E eses zarpazos dan a calquera!

  6. Se desaparece é porque non pode acadar os seus obxectivos por esa via e tamén pola acción policial e militar de dous estados. Non se pode obviar que o dereito de autodeterminación está vedado na sacrosanta e moi democrática constitución. Máis unha cousa: os mortos de hai 75 anos teñen o mesmiño valor que os de hoxe. As forzas que non condean o golpe á República énchense a boca coa palabra liberdade e non son quen de desenterrar os mortos de hai 75 anos.É moi dificil desfacerse dos cadáveres cando están dentro do próprio armario. O estado español non é exemplar nese sentido. Por outra banda, os aspectos propagandísticos non son necesariamente malos se procuran a via da paz. Hai quen o fai todos os días con intereses espúrios, e non pasa nada.

  7. Se un ex-secretario xeral da ONU ou un Gerry Adams (do cal se ten recoñecido por todas as partes o seu papel fulcral para chegar á paz en Irlanda), entre outros, non son quen de poder intervir, mesmo simbólicamente, estamos apañados. Porque iso é o que acontece en calquera conflicto entre partes,mesmo cando non hai violencia nen víctimas: procúranse mediadores que sirvan para desencadear procesos latentes. Como a pinga que fai rebordelar o vaso.
    Nesta fase do conflicto non podemos confundir a restitución do dano (ética) e o proceso de diálogo político para a integración de ETA. Deberíamos sabelo ben os galegos que temos as cunetas cheas de paseados e premiamos a un ministro franquista coa presidencia da Xunta. Iso chámase a síndrome do avestruz.
    A chamada Transición española amnistiou a ministros franquistas e non vin até o de agora a nengún na cadea. Non serei eu quen pense que o Kofi Annan ou o Gerry Adams viviron menos do que González Pons, do cal non se coñece traxectoria en conflictos desta natureza. Agora si, o xentil-home ten moita soberbia e acho que a súa liberdade para dicir parvadas non o exime da responsabilidade de asumir as consecuencias (son dos que pensan que na hespaña túzara iso da votos).Farceme cargo do que digo chámase liberdade, e non o simples feito de poder dicilo. E o ter vivido non é garante de nada, non-si?. Tamén viven os coleópteros!. Terra e liberdade !

    • Pois viven os coleópteros, si! e diso se trata esta teima: da vida! e da morte por suposto. Non vou ser eu quen resucite nin xulgue os mortos e os ministros de Franco. Descansen en paz unhos e outros. A estas alturas aínda son moitos os que están máis preocupados polos que mataron e morreron nunha guerra civil fai 75 anos que polos que son víctimas e asasinos dunha banda criminal e terrorista hoxe en día.
      Esta escenificada reunión e rolda de prensa non é máis que propaganda da esquerda abertxale aínda que cada un píntaa da cor que lle peta. Un quedar ben da banda terrorista vaia!
      Se de verdade eta desaparece ha de ser porque unha grande maioría de xente que estamos a favor da liberdade e en contra de calquer tipo de opresión estamos e manifestámonos abertamente en contra dos seus asasinatos. Por iso e non pola mediación de estes señores.

  8. Pois de todalas variantes que poida ter a expresión “ni puñetera idea” sejuramente a que a moitos interpretamos (e non precisamente porque veña de boca de ese señor, senon porque pensamos libremente) é que non son quen estes convidados de intentar mediar neste conflicto. E efectivamente eu estou convencido que o moi respetado señor Kofi Annan non ten puñetera idea como pa prestarse iso. Pa ter puñetera idea tiña que ter vivido todo o dano que fixo eta, tanto a Euskadi coma ó resto da península. E ter vivido non é precisamente leer os xornais ou cambiar opinions nun xantar.Saúdos.
    Terra e liberdade!

Deixa unha resposta a Nes de RejuaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off