off
Cultura — 18 Outubro, 2011 at 5:28 p.m.

Menos cultura

by

Agora mesmo mentras escribo isto,  a Xunta de Galilea (é que un admira a dignidade do pobo palestino e a súa defensa dos dereitos nacionais) que sacou no seu dia axudas para as Asociacións culturais, veciñais, etc., seica vai e tira no DOG unha Resolución que deroga a anterior e non vai dar un chico…Cito:

“Con motivo da política orzamentaria, que implica o necesario equilibrio entre ingresos e gastos, resulta necesario efectuar un axuste nos créditos inicialmente asignados aos diferentes centros de gasto que conforman os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia”

En tempos de crise,  disque todos entendemos que se deven facer sacrificios. O problema é como distribuir. En xeral, tendemos  a ver como necesarios os sacrificios  alleos e non tanto o próprios. Mas probabelmente concordariamos , referindo-se especialmente para os gastos públicos,  que a mellor maneira de lidar con eses sacrifícios é prescindir do supérfluo.Mais en que consiste o “axuste”

“Déixase sen efecto a Orde do 11 de maio de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais que desenvolven as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas e actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 e parte do 2012.”

A rede de asociacións culturais  queda sen 300.000 euros.E xa veremos que acontece co teatro.

Mais dicimos que en Cultura, nen máis nen menos. É dicir, nen máis nen menos co Gaiás.

Gabriel Beceiro

Fonte: DOG Núm. 199 Martes, 18 de outubro de 2011 Páx. 30427.Dispoñíbel en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111018/AnuncioCA03-061011-7256_gl.html

One Comment

  1. Como dicia un meu amigo, ia facer un comentario pero xa paso de comentar nada.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off