off

De indignados (e de incendios)

by

A carraxe chegou a Wall Street: somos o 99%. E non é pouco. É a imaxe da definitiva politización da crise financieira. A dignificación da política. Alí comenzou o andazo, e alí o vello soño americano, aquela proposta de capitalismo feliz.

Nós tamén temos indignados, tamén temos incendios. Haberá máis. Irán máis lonxe. Debemos recuperar a democracia e politizar a economía, para que sexa unha socioeconomía: para todos. Debemos recuperar o territorio, ver o que as lapas agochan, porlle rosto aos especuladores.  Mais, primeiro, compre insubordinarse coas palabras frechas.

Deberán, porén, recoller críticamente a indignación nun proxecto de pensamento que rache coa fraqueza teórica amosada até o de agora.  A crítica das falacias do liberalismo ( que a fin da produción é a creación de riqueza e satisfacer as necesidades dos homes, e que a redución do desemprego é un obxectivo da economía) deberá coutar as señas do sistema e a súa linguaxe, arrombar esa vella apoloxía do traballo e do individualismo, apostatar desa fe progresista no crecemento ilimitado e dese optimismo irredento dos profetas do sistema.

A indignación debe encher os espazos baleiros dos programas electorais.

Os partidos de esquerda deberían completar ese relato horizontal.

E non esquecer nunca que ainda que todo o sólido esvaece no ar, o líquido escoa entre os dedos.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: