off
Galiza, Normalización lingüística — 11 Outubro, 2011 at 11:31 a.m.

Marxinacion do galego nos medios [Manifesto]

by

Asina o Manifesto Marxinación do galego nos medios, que  presentaron onte Xosé María Álvarez Cáccamo, Francisco Pillado e Henrique Harguindey logo da desaparición nos últimos anos deVieiros Galicia Hoxe, Xornal de Galicia e  a  A Nosa Terra.

Reclámase:

1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.
2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.
3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.

Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes.

http://marxinaciondogalegonosmedios.es/

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off