off
Economía, Galiza, Globalização, Política — 8 Outubro, 2011 at 10:54 a.m.

Missing (2): Banco Pastor

by

Aló nos oitenta, cando andabamos a consolidar o proxecto da Sociedade Cultural Chirlateira, P. reparou en que a Fundación Barrié, obra social e cultural do Banco Pastor, podería achegarnos fondos editoriais para o obxectivo fulcral de arranxar un local da asociación aberto a todos os cedeireses/as, e por asín en valor o proxecto sociocultural que estabamos a encetar. Era un magro compromiso co asociacionismo de base, pero aí estaba: unha pequena biblioteca. Malia  considerarmos o seu compromiso co país insuficiente, cos anos fumos soubendo das bolsas de estudo no extranxeiro e presenciando a restauración do Pórtica da Gloria, a nova edición do Dicionario da Real Academia, o colección “Clásicos”, a recuperación do Cancioneiro Popular Galego, e a obra social,etc. Onte soubemos que o Banco Pastor ven de ser engolido por un banco do Opus Dei, o Popular. Nesa altura, o asociacionismo de base acadaba o recoñecimento dunha fundación privada que non recebía da mesmiña administración local.

Logo da estatalización de NCG banco e a desfeita do Pastor, a lexitimidade de Feijoo non vale nada. Como pensaba reaxir contra o poder financieiro se non fixo outra cousa que dinamitar a singularidade e  a liberdade, a verdade  e  a igualdade?. Tanta é a súa soberbia que o levou a pensar que sen país se pode defender o país? Nen quixo nen sobou tirar da sociedade civil para impedir o saque porque a transparencia foi total: axiu coma representante do poder financieiro. Á vista deste episodios a súa política de thin-thank devén cada vez máis intrascendente, agás o xeito de execución do proxecto de demolición dos intereses nacionais. Niso é un tanque. Un pode defendelos ben ou mal,  mais resulta inmoral axir contra o cerne mesmo da súa lexitimidade. A ebriedade de incúria acadou tal paroxismo que o presidente da Xunta é o menos fiabel aliado que o país poida ter neste momento.

Coa xustiza desaparecida e o presidente pasando a ITV do tanque de demolición, non sei se ainda queda país para facer fronte á bancarrota, provocada pola xestión privada e pública, mas ou Galiza se toma a serio a soberanía e o autogoberno diante da soberanía dos mercados financieiros ou o estado de vulnerabilidade no que nos atopamos ha ser definitivo. Compre un banco público de Galiza que evite a dilapidación final do que queda de NCG e sexa a base dunha reorganización do modelo de democracia e de relación co estado español. Hai alguén aí ?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off