off
Economía, Globalização, Política — 7 Outubro, 2011 at 10:13 a.m.

Mito e paradoxo da crise

by

A crise é un mito recorrente. Sempre mostra un paradoxo. Por unha banda,  a enxurrada mediática repite que o mundo que saia da crise non terá nada a ver coa que coñecimos até o de agora. E por outra, non se enxerga outro futuro que demorar indefinidamente o xa acadado:  a democracia representativa como organización política e o capitalismo como produción.

Os espectros do noso tempo amartelan que no futuro o mundo será tan diferente como se quiser, porén, non ha mudar nada no fundamental. Mais, se acordamos que  o porvir é opaco de seu, e que a crise dará paso algo diferente, porqué teimar  na conservación das actuais  coordenadas do capitalismo e da democracia representativa? Asumido o mito da crise non hai xeito de albiscar escenarios alternativos. Cómpre desmitificar para reaxir e imaxinar un escenario tanxibel e con futuro do Estado social.

 

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off