off
Economía, Política — 2 Outubro, 2011 at 6:43 p.m.

Devalo

by

 

 

Moraba en Lisboa cando aquela propagación de optimismo desenvolventista da Expo 98 (segundo o BIE a mellor exposición de sempre, un caso de estudo internacional na área do deseño asistido por computador que evitou o abandono e degradación de Sevilla) e que levou ao paradoxo da decadencia, unha década despois,  do partido socialista portugués, situación que marca o presente político. Malia o aparente éxito o socialista Sampaio, que foi presidente até o 2006,  tivo que convivir co primeiro ministro Cavaco Silvado PPD/PSD .  Se xogamos con paralelismos, logo da Expo 92 de Sevilla, ao Psoe aconteceulle algo parecido:  deterioro dos valores da esquerda, a degradación e desprezo da educación e da cultura,  o dominio do espirito chato, o novoriquismo…   e a irrupción de Aznar. Unha deriva á dereita que ven dos 90.

Os dous estados padecen desemprego galopante,  cortes de salario para os traballadores públicos,  etc.. malia os fondos de coesión da UE  en case catro décadas. E a coartada da crise.

Cecais todo sexa unha cuestión de compra-venda da alma.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off