off
Europa, Política — 30 Setembro, 2011 at 8:57 a.m.

Scottish National Party

by

Dende a obtención da maioria absoluta  dos independentistas  de Alex Salmond no Parlamento de Edimburgo, os medios de comunicación falan pouco da política escocesa. Una país pequeno con reservas de petróleo e avangarda das enerxías renovables. Un silencio que podería ser interpretado en termos de avance da estratexia soberanista do Scottish National Party. Un silencio que cómpre aprendermos entanto aqui o ruido das pas de demolición é a mostra palpabel da incapacidade das forzas do Parlamento para redactar un Estatuto de noso. O segredo estratéxico do nacionalismo escocés é a grande unidade, a paciencia e a consistencia dende a súa fundación no 1934. Dende os anos 40 todo o nacionalismo vai unido ás eleccións. Iso, e  ter claro non entrar nun goberno que significara compartillalo con persoas de aberta oposición ao soberanismo. Durante a súa comprida historia, os líderes do SNP nunca cairon na tentación de entrar como socio minoritario nun goberno laborista ou facer presidente de Escocia a quen amosara dúbidas da idea de nación escocesa.  En Galiza perdermos as caixas de aforro, o PSdG refuga do proceso de normalización do idioma e da idea de nación galega,  e asistimos ao seu proceso de demolición de man do PP.  Claro é que tamén teñen a sorte de teren unha opción de esquerda moderada  é un garante de centralidade diante dun electorado escocés onde o partido conservador  non rasca bola. O SNP soubo esperar 77 anos até chegar ao poder, primeiro en minoria e, mais recentemente, con unha maioria absoluta, a levantar a cuestión chave de todo o nacionalismo, a criazón dun estado democrático próprio.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off