off
Globalização, Movementos sociais, Política — 23 Setembro, 2011 at 6:21 p.m.

Indignación

by

Os indignados seica protestan  contra a situación política, e están no certo, pensamos  que é saudabel que estourara a burbulla de hipocresía e estafa xeralizada.

Mais … Por que non se queixar tamén dos que se inseren no 30%  dos que non votan ou votan en branco, case todos localizados nas zonas urbanas?Por que non se queixar dos nin-nin? Por que non se queixar de todos aqueles que cando escoitan falar aos políticos nos medios    cambian canle ou pasan a páxina do xornal ? Por que non protestar contra os que non len os programas dos partidos que se presentan ás eleccións?  Por que non protestar contra todos aqueles que apoian a monarquía nestes tempos? Por que non refugar a incultura e o desleixo xeralizado? Por que non indignarse dos indignados que malia mostrarense solidarios co altermundismo van amosar desleixo a todo o que lles soaba a galeguismo? Será que o galeguismo  non ten autoridade nen para ser considerado polos antiautoritarios? Será que o galeguismo sempre aspirou a ordenar o país e á creación dunha alternativa de poder malia o fracaso? Sera que o antiautoritarismo dos indignados está homologado segundo as retoricas e prerrogativas do poder constituido?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off