off
Globalización, Política — 20 Setembro, 2011 at 5:41 p.m.

Nova economía, globalización e benestar

by

Cando dicimos  anti-globalización falamos de resistencia . É isto posible? Ten sentido? Se iso é posible e ten sentido, que  formas adopta esta  resistencia? Xustiza social e  globalización son antagónicos? Que razóns nos ofrece?É a intensificación do mercado financeiro, unha nova forma de marxinación?

O vello esquema de produción da verdade de Foucault  pode axudar a aclarar a aparente naturalidade coa que opera calquera estratexia de poder que se queira instalar. A verdade prodúcese  e canalízase por unha densa rede de mecanismos institucionais (e, nun contexto de globalización económica, quer dicir a OMC, FMI, BCE, U. S. Reserva Federal, Wall Street Journal, a patronal e banca española, a Igrexa, Prisa,  etc.) sendo a súa  economía quen garante un acceso público diferente, materializándose nunha dobre operación de integración / exclusión .

D. Schiller no Digital capitalism :  networking the global market system. Cambridge (Mass.) : MIT Press (1999) afirma que a forza das políticas neoliberais que rexen os sistemas de Telecomunicacións e TIC teñen afortalado o poder dos grandes negocios, acentuando as desigualdades e as disparidades sociais de orixe. Foron esas mesmas forzas sociais quenes impulsaron o movemento cara  á globalización e cara un  aparente menor protagonismo social do Estado, reducido a garda se seguridade das megacompañias. Un estado de cousas activado principalmente por tres mecanismos: nos países pobres un aumento da produción pode prexudicar a relación de intercambio de produtos manufacturados, exportados polos países desenvolvidos; a diferenza xeográfica, entre a creación de valor e a súa realización como valor de cambio, e, finalmente, o paradoxo teórico e futilidade teórica do “desenvolvimentismo”,  que di que os países pobres atoparan avantaxe competitiva  especializándose na exportación de produtos que abran sen restricións de alfándega e de fronteira para a entrada de capital estranxeiro.

Os chamados tigres asiáticos (Formosa, Corea, Hong Kong, Singapur,..) seica van basear os seus éxitos iniciais con coñecimento, aprendizaxe e capital nacional protexido por un estado intervencionista. Na creación deste mito nada se fala das súas políticas de redistribuión dos recursos. Son o símbolo da aceleración e do crecemento polo crecemento, da arte de expoliar o chan, do crecemento insustentabel e da sociedade de consumidores. Porén, faise evidente que a xustiza social está fracturada e que as forzas da globalización aumentaron esa fenda. Non é certo que alí onde hai crecemento económico hai cohesión social. As abismais desigualdades xa estaban aí denantes da globalización, na  sociedade industrial. No 2005 o Foro Económico Mundial vaille asignar a Finlandia, país que ten a maior carga impositiva do mundo (44% do PIB), o primeiro lugar en competitividade (o terceiro para Suecia, cuarto Dinamarca).  Todos eles paises da OCDE que superan o promedio de tributación dos paises máis avanzados do mundo.

En canto ao Indice de desenvolvimento humano volven aparecer os paises nórdicos nos primeiros lugares. O mesmo acontece nos índices de governanza e de cohesión social.  O tigre asiático Corea ten un gasto social do 6.2 do PIB (Suecia do 29,2).  Certo, o gasto social do estado español está lonxe de Corea (o medre da nova economia non garante de seu a súa distribución e menos a xustiza social), ainda que tamén de Suecia, . O gasto social do Estado español 19.57 do PIB (2005) está moi por baixo da media europea e é un dos que menos lle adica á educación (este vai ser un dos factores de éxito dos trigres asiáticos) e dos máis baixos en despesa sanitaria (por non falarmos das axudas ás familias e as pensións).

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: