off
Cedeira — 2 Setembro, 2011 at 8:01 a.m.

Ola Cedeira! Hai alguén aí?

by

Porque non hai nada máis revolucionario que gorentar do dereito a sermos nós,  suxeitos que queren pensar, sentir, crear e tecer a vida sen instrumentalizar aos outros nen ser usados para fins espúrios.

Porque somos unha xeración que gorentou a luz do mar sen importalle de onde  é que vén, que valoramos o cambio, a experimentación e a creatividade, e hoxe tamén, a capacidade de nos adaptar como ben podemos á mofa do capitalismo global e a súa razón instrumental.

Porque non imos pedir perdón por falar en galego agora que se vai aprobar unha reforma  da Constitución española sen nós e que a Xunta ven de eliminar axudas aos libros de texto e as subvencións de entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galego.

Entre nós houbo sempre un voluntarismo estético, vontade de goce e certo desexo inocente. Ollaparo vai ser o motor hedónico que nos proporcionaba unha via de realización ao mesmo tempo que a consideración cara o outro por un interese que vai presupor a boa fe, o positivo e a afirmación,  non sempre ben comprendidas.  O contrato ético áchase nese movimento que oscila entre un e outro. Mais, xa dicía o Schopenhauer, o home é un animal que fire con golpes, que corta, retalla, acoitela…

Até que punto fomos unha xeración que escolleu as palabras coas que quería falar, os valores que quixo  defender e o modo de vida  no que dícía  albiscar a felicidade, tanto persoal coma política?.

Volvémolo dicir: non imos pedir perdón por falarmos galego !, por termos cultura de noso !, por ser galegos !

Nun tempo de cegueira e invisibilidades, asimilacións e desexos impostos, de imperio dos que se negan e renuncian de seu para afirmarense millor, de indiferencia ética e banalización estética, de mofa e aldraxe de todo o que é humano que non caia en saco roto tanta paixón. É unha aventura necesaria e precisamos recuperar a memoria dunha vila desmemoriada.

Proxecto Ollaparo dixital

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off